spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Tui concede unha mención honorífica especial ao debuxante Martín...

O Concello de Tui concede unha mención honorífica especial ao debuxante Martín Rodríguez Álvarez

O Concello de Tui concede unha mención honorífica especial ao debuxante Martín Rodríguez Álvarez
A imaxe pertence ao libro “Recuerdos de juventud”presentado en 2018

O Concello de Tui, mediante unha Resolución da Alcaldía, acordou concederlle ao debuxante tudense Martín Rodríguez Álvarez unha Mención Honorífica Especial en recoñecemento a súa traxectoria persoal e artística, onde a cidade de Tui ten ocupado un lugar preeminente. 

Revista COUSAS DE Nº13

Martín Rodríguez está estes días de visita na nosa cidade acompañado dos seus fillos. Esta circunstancia é aproveitada polo Concello tudense para renderlle un recoñecemento pola súa dilatada traxectoria.

O acto de entrega desta distinción terá lugar este xoves, 9 de xuño, ás 19.00 h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui.

Martín Rodríguez Álvarez é un afamado ilustrador, nado na nosa cidade o 18 de novembro de 1938, na rúa das Monxas. Profesional da Armada leva moito anos residindo en Santa Cruz de Tenerife pero mantendo unha constante relación coa nosa cidade e as súas xentes.

Martín Rodríguez é autor dunha ampla obra gráfica dedicada á nosa cidade e ten contribuído coa súa produción gráfica e artística á difusión de Tui e o seu patrimonio cultural, como queda expresado nos seus libros “Tuy en blanco y negro” (1985) e “Recuerdos de Juventud” (2018).

Como afirma o cronista oficial da cidade, Ernesto Iglesias Almeida, no prólogo ao libro “Recuerdos de Juventud”: Martín es un consumado dibujante con una muy amplia producción artística (…) practicamente no hay un rincón tudense que el no tratase, se nota en ellos el gran cariño que tiene por su ciudad natal.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, esta ampla produción gráfica sobre a nosa cidade é apreciada e sentida por moitos veciños que conservan con estima os debuxos de Martín Rodríguez Álvarez e valoran a súa personalidade sempre vibrante na exaltación de Tui e dos seus valores.

- Publicidade -spot_img