spot_img
InicioBaixo MiñoO programa “Deseñando o teu futuro” achega o mundo laboral a 30...

O programa “Deseñando o teu futuro” achega o mundo laboral a 30 mozos e mozas de Tomiño

programa-desenando-o-teu-futuro-achega-o-mundo-laboral-a-30-mozos-e-mozas-de-tomino

O Concello de Tomiño participa, a través da OMIX e do departamento de Orientación Laboral no Programa “Deseñando o teu futuro impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Fundación Paideia.

Case unha treitena de mozos e mozas de Tomiño, de entre 14 e 18 anos de idade, participan neste programa no que durante 15 días mergullaránse no funcionamento diario dunha empresa local, e participarán da mesma.

O obxectivo do programa é aportar un referente profesional aos participantes e, á súa vez, propiciar a primeira toma de contacto da mocidade coa realidade laboral. Deste xeito as persoas participantes poderán descubrir se lles gusta ou non determinado desempeño empresarial e laboral, e aprenderán moitos aspectos do que supón un traballo.

Para a súa realización o Concello conta co apoio e a colaboración dunha ducia de empresas locales de moi diversos tipos, dende empresas de servizos, como unha ortopedia, unha clínica veterinaria ou unha cerraxería, até unha empresa do mundo do viveirismo.

A asignación dos participantes a cada unha das empresas colaboradoras fíxose dende o Concello tendo en conta os intereses e preferencias de cada un deles.

Os participantes ademáis percibirán unha pequena retribución pensada para facilitar os gastos de desprazamentos que se poideran ocasionar.

O programa desenvolvese por primeira vez en Tomiño, e dende o Concello espérase que sexa unha moi boa experiencia educativa e formativa para a mocidade tomiñesa participante.

- Publicidade -spot_img