Inicio O Morrazo Cangas do Morrazo Cangas vive as Danzas Ancestrais de San Roque no Hío

Cangas vive as Danzas Ancestrais de San Roque no Hío

cangas-vive-as-danzas-ancestrais-de-san-roque-no-hio
As Danzas Ancestrais de Cangas inclúen as danzas de San Cibrán de Aldán, San Roque do Hío e a danza e contradanza de Darbo. Estas tres resultan de especial orixinalidade entre as moitas que se contan na comarca do Morrazo.
Con varios séculos de historia, a “Danza de San Roque” celébrase diante do famoso cruceiro do Hío, labrado nunha soa peza. Interveñen unha vintena de homes, divididos en tres fileiras. Unha fileira asume o papel de damas e as outras dúas o de galáns. A particularidade da posta en escena é o vestiario dos bailaríns: mentres os galáns visten de branco, con sombreiro de feltro e garabata negra, as damas portan un curioso uniforme, moi similar á tradicional vestimenta dos que peregrinan a Compostela. De aí que o baile sexa denominado tamén “Danza de Peregrinos”.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies