Inicio O Morrazo Cangas do Morrazo O Programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en Acción, Violencia Zero' chega...

O Programa da Deputación de Pontevedra ‘Mulleres en Acción, Violencia Zero’ chega a Cangas

O vindeiro luns 9 de marzo ás 13 horas a Deputación de Pontevedra presenta, no IES María Soliño, Mulleres en Acción Violencia Zero ‘O mito que mata’, con Sheyla Fariña

Tras 85 accións artísticas por toda a provincia, que visibilizaron a case un centenar de artistas e implicaron a milleiros de persoas, o programa “Mulleres en acción: Violencia zero” chegou a súa 5.ª edición. Catro anos despois, con responsabilidade e emoción, volvese ás raíces, á semente: a performance. Así mesmo, o programa, que comenzou en novembro, está a desenvolver un total de 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provincia, e sumará outras disciplinas:

  • Poesía e literatura (Nuria Vil e Vanessa Glemel, Rosalía Fernández Rial, Silvia Penas e Lúa Mosquetera)
  • Música (Pauliña, Zeltia, Laura LaMontagne, Las Antonias, DJ Russinha e Somdolilá)
  • Graffiti (Laura Tova, Ana Santiso, Iria Prol e Julieta XLF)
  • Danza contemporánea (Elahood Dance, Rut Balbís, Cris Vilariño e Ana Serantes)
  • Acción escénica (Mónica Sueiro, Estíbaliz Veiga, Sheyla Fariña, Carmen Méndez e Diana Sieira, esta última na modalidade de monólogo mesturado con poesía).

Todo un ano visibilizando esta realidade en contacto e colaboración coa mocidade, co alumnado de centros escolares, asociacións de mulleres, diversos colectivos, corporacións municipais e toda a diversidade de públicos que se poden focalizar nunha praza, nunha rúa, nun lugar de tránsito. E a través do apoderamento da muller no eido cultural e artístico.

Esta 5.ª edición supón a consolidación dun programa que, alén da Deputación de Pontevedra, que o promove e organiza, xa é da cidadanía, enche a rúa de reivindicación e activismo e propaga a nosa semente de igualdade.

Violencia Zero Cangas

A acción:

Existe o amor, existen as persoas románticas, existe o amor romántico e un mito sobre el que nos ensinan desde que nacemos. Na vida, nas escolas, na televisión, na literatura, na publicidade… É un mito que se interioriza de tal xeito que acabamos adoptando comportamentos insáns, tóxicos e mesmo perigosos, comportamentos que hai que analizar e sobre os que se debe reflexionar para desmontar un mito terrible, un mito que, na súa forma máis extrema, mata.

 

CV Sheyla Fariña (Tordoia, A Coruña, 1986)

Actriz galega de teatro, televisión e cinema, licenciada en Arte Dramática e con experiencia docente e no ámbito da educación social. Comeza a súa carreira profesional cunha personaxe secundaria na serie de TVG Valderrei, e logo alterna a súa formación con outros proxectos audiovisuais coma VilamorSerramouraAcacias 38Vidago Palace ou Pazo de familia.

O seu último proxecto audiovisual é a película galega María Solinha, que se estreará a mediados do ano 2020. Fai teatro desde nena na escola e posteriormente en compañías afeccionadas ata que entra na compañía de teatro Redrum, de Santiago de Compostela, coa que traballa en varias montaxes de teatro infantil coma RoedoresA nena que quería navegar e Contos do recreo. Actualmente é unha das actrices de Invisibles, de Redrum Teatro, un espectáculo impulsado por ela mesma e baseado na novela homónima de Montse Fajardo, na que se contan sete historias reais de sete vítimas de violencia de xénero. Implicada en accións feministas e en contra da violencia de xénero, colaborou en varias ocasións coa Rede de Mulleres de Vigo contra os Malos Tratos e coas ONG InterRed e Feminista Ilustrada.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies