spot_img
InicioBaixo MiñoO programa cultural de Tui para novembro suma un concerto do grupo...

O programa cultural de Tui para novembro suma un concerto do grupo Milladoiro

O programa cultural de Tui para novembro suma un concerto do grupo MilladoiroCun protocolo de prevención e a capacidade reducida a 60 espectadores por función o Teatro Municipal acollerá seis espectáculos este mes

Coa capacidade do Teatro Municipal reducida a 60 butacas, en cumprimento da normativa establecida co nivel 2 en Galicia o pasado xoves, 22 de outubro, e cun estrito protocolo de prevención da covid-19 a programación cultural “Volvemos ao teatro” deste mes de novembro oferta un total de 6 espectáculos. Aos anunciados previamente súmanse o concerto do grupo Milladoiro e unha proxección de cinema. O eventos anticipan o horario de realización, sendo ás 19.30 h para público adulto e ás 18.30 h para público familiar, adaptándose así as novas restricións de mobilidade a partir das 23 h.

Anticipáronse as horas de inicio dos eventos tendo en conta a limitación de mobilidade a partir das 23 h.

A primeira das citas será este venres, 6 de novembro, ás 19.30 h con Teatro do Atlántico e a traxicomedia “Dúas donas que bailan”. Este sábado, 7 de novembro, ás 18.30 h a cita é para público familiar con Pérez&Fernández e a obra “Aguratrat”.

O venres, 13 de novembro, ás 19.30 h dentro da xira do seu 40 aniversario chegará a Tui o grupo Milladoiro. Será un concerto gratuíto previa reserva coa mesma limitación de 60 butacas.

Música e danza serán as propostas da fin de semana do 20 e 21 de novembro con Avento Produccións e “Ummm, unha comedia musical…” e Pink Unicorns e o espectáculo “La Macana”.

A programación de novembro pecharase o venres 27 de novembro coa proxección de cinema “Arima” dirixida por Jaione Camborda, nunha sesión gratuíta previa reserva.

As entradas para todos os espectáculos están dispoñibles en tui.gal dende o luns da semana en que teñen lugar até o día da función unha hora antes do comezo ou até esgotar localidades. No despacho de billetes poderán mercarse dende unha hora antes da función.

O programa cultural de Tui para novembro suma un concerto do grupo Milladoiro

- Publicidade -spot_img