·Publicidade ·spot_img
InicioGaliciaA CoruñaRecuperan un canón de bronce do século XVI na enseada de Mugardos

Recuperan un canón de bronce do século XVI na enseada de Mugardos

Recuperan un canón de bronce do século XVI na enseada de MugardosA peza será trasladada ao Museo Naval de Ferrol para a súa restauración e posterior exposición

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, supervisou hoxe en Ferrol a actuación levada na enseada de Mugardos para recuperar un canón de bronce do século XVI. Trátase dunha intervención na que o Goberno galego colabora coa Armada Española e que permite rescatar e documentar unha importante peza do patrimonio arqueolóxico subacuático que podía correr risco de espolio.

O máis probable é que este ben proceda do naufraxio dunha embarcación ou que se guindasen pola borda pezas de grande peso para evitar un afundimento

Así, durante a xornada de hoxe, membros da Unidade de Buceo de Ferrol, nun equipo liderado polo arqueólogo Miguel San Claudio, desprazáronse ata o punto no que se atopaba o canón, unha peza afundida desde antes de 1579 cuxa orixe máis probable sinala a un naufraxio dunha embarcación ou que se guindasen pola borda pezas de grande peso pasa evitar un afundimento.

O canón de bronce, así como o total dos elementos extraídos hoxe, serán trasladados ao Museo Naval de Ferrol, onde serán restaurados para, posteriormente, ser expostos dado o seu importante interese.

Recuperan un canón de bronce do século XVI na enseada de Mugardos

Na visita a unidade militar de Ferrol, a representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade salientou a importancia destes traballos que permiten “salvagardar a integridade dun ben do Catálogo do patrimonio cultural de Galicia”, así como, tal e como engadiu, “contribuír á protección, conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio subacuático”.

Nesta mesma liña, lembrou que esta actuación intégrase dentro dun proxecto desenvolvido en colaboración coa Armada Española e no cal tamén se enmarca a intervención levada a cabo durante tres semanas no pecio San Giacomo de Ribadeo, rematada o pasado venres despois de localizar elementos de especial relevancia como unha cureña naval, unha gran cantidade de munición de pedra e ferro e varias pezas de cerámica.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies