Inicio Pontevedra O programa Cultiva a Mente realiza a súa segunda edición en cinco...

O programa Cultiva a Mente realiza a súa segunda edición en cinco parroquias de Tui

O programa Cultiva a Mente realiza a súa segunda edición en cinco parroquias de TuiEsta semana comezou a segunda edición do programa “Cultiva a Mente” froito da colaboración entre o Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia.

Oitenta persoas asisten unha vez á semana aos obradoiros que teñen lugar en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns.  Durante hora e media realizan técnicas de memoria, reciben consellos saudables ao tempo que se fomenta a socialización e as emocións positivas. Este ano amais coma novidade abordarán tamén o uso das novas tecnoloxías.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, achegáronse onte ao Centro Cultural de Areas onde tiña lugar o primeiro dos obradoiros na parroquia desta nova edición.  O alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou o compromiso do goberno municipal de trasladar este tipo de actividades ao rural , dando resposta á necesidade de cohesionar as parroquias e atender as necesidades das persoas que alí viven. O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou o éxito da actividade  e a acollida que tivo tanto a primeira edición coma esta segunda. Pola súa parte o presidente de AFAGA, Juan Carlos Blanco, salientou que “Cultiva a mente” un proxecto innovador que apostaron por manter con todas as medidas de seguridade derivadas da actual situación de pandemia.

Os grupos en cada unha destas parroquias están completos pero estase a confeccionar lista de agarda para cubrir as prazas vacantes que se poidan rexistrar. Por iso as persoas interesadas poden cubrir o impreso de solicitude, accesible en tui.gal, e presentalo por rexistro de entrada na casa do concello.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies