Inicio Galicia O primeiro torneo autonómico do videoxogo League of Legends comeza no espazo...

O primeiro torneo autonómico do videoxogo League of Legends comeza no espazo xove de Lalín

O primeiro torneo autonómico do videoxogo League of Legends comeza no espazo xove de LalínO Espazo xove de Lalín acolleu a primeira competición dentro torneo autonómico do videoxogo League of Legends (LOL)

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acudiu á celebración desta fase do campionato na que participan catro equipos formados por cinco persoas cada un. A Xunta de Galicia procura con esta iniciativa promover o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos.

Este proxecto pioneiro en Galicia, que está destinado a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, terá lugar nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación da xuventude da zona e da contorna próxima. Así, esta fin de semana, ademais da sesión celebrada en Lalín, tamén se celebrará outra en Noia, que terá lugar o sábado.

Da capital dezá clasificaranse para a final dous dos catro equipos participantes, mentres que da localidade coruñesa será tan só un. Cada equipo está conformado por cinco mozos/as, dos cales unha persoa actúa como capitán. Cómpre indicar que antes do inicio de cada unha das competicións organizarase unha dinámica formativa centrada no coñecemento e uso responsable dos videoxogos.

Tras esta fase inicial nos diferentes Espazos Xove, os 16 equipos clasificados participarán nunha fase final, cuxa data e lugar de celebración será determinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. En todo caso, esta última fase terá lugar en fin de semana e os gastos de manutención e aloxamento correrán a cargo da Xunta de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies