Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar acolle unha nova edición da BTT con case 200 participantes

Gondomar acolle unha nova edición da BTT con case 200 participantes

Gondomar acolle unha nova edición da BTT con case 200 participantesTodo preparado no concello de Gondomar para acoller este domingo, 06 de outubro, a décimosegunda edición da marcha Cicloturista de velocidade libre, BTT Concello de Gondomar, que nesta ocasión reunirá a preto de 200 participantes.

A proba partirá ás 09.30 da mañá da Praza dá Paradela percorrendo posteriormente distintos tramos do municipio que atravesan as Cominidades de Montes de San Bieito, Couso, Mañufe, Santa Eulalia de Doas e Borreiros, que xunto ao goberno local de Gondomar, colaboran coa organización deste evento. A iniciativa, promovida polo Club Ciclista Bici Verde, ten un carácter non competitivo e cobre unha distancia total de 36 quilómetros, cun desnivel acumulado de 2.100 metros e unha dificultade técnica media-alta.

Como en ocasións anteriores, non haberá control de tempos nin clasificación final da totalidade, pero si se marcarán unha serie de tramos STRAVA, puntos concretos nos que se medirá o tempo que realizan ao pasar por eles os participantes.

A marcha cicloturista nace o amparo da Asociación Bici Verde, primeira en Galicia dedicada 100% a esta especialidade ciclista. Constituída como club desde o ano 2008, a súa finalidade é a de fomentar o uso da bici de montaña en todas as súas vertentes.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies