spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO Porriño será a saída de "O Gran camiño", un dos maiores...

O Porriño será a saída de “O Gran camiño”, un dos maiores eventos deportivos do ano

O Porriño será a saída de "O Gran camiño", un dos maiores eventos deportivos do anoO Porriño dará o pistoletazo de saída da proba deportiva que recuperará unha volta ciclista profesional en Galicia tras dúas décadas de suspenso, “O Gran Camiño”

O que será un dos maiores eventos deportivos do ano na comunidade galega disputarase entre o 24 e o 27 de febreiro e constará de catro etapas, unha por cada provincia, asegurando espectáculo, valores deportivos e difusión mediática.

Na presentación o alcalde do Poriiño se mostrou orgulloso “como alcalde e como porriñés” de que O Porriño fora elixido punto de inicio dunha proba que asegura espectáculo, valores deportivos e proxección

A Cidade da Cultura acolleu a presentación oficial do evento, na que participaron representantes das distintas administracións. Por parte da Xunta de Galicia o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete. Y pola Deputación de Pontevedra, o responsable de deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez.

O Porriño será a saída de "O Gran camiño", un dos maiores eventos deportivos do ano

Na súa intervención, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo dixo sentirse orgulloso “como alcalde e como porriñés” de que O Porriño fora elixido punto de inicio dunha proba que asegura espectáculo, valores deportivos e proxección. “O noso é un concello berce de ciclistas, onde este deporte ten unha arraigada tradición. Tamén é un concello de comezos, que abre unha nova etapa na que perseguimos unha maior proyección cara o mundo”. manifestou o rexedor porriñés. Lorenzo afirmou con rotundidade que “O Porriño é un lugar único e o mundo debe coñecernos” e concluíu, que “`O Gran Camiño´ será un escaparate perfecto que nos axudará a conseguilo”.

O Porriño, saída da primeira etapa

O Porriño foi elixido como saída da primeira etapa que se disputará o 24 de febreiro. Percorrerá algo máis de 163 km finalizando en Vigo. Será unha etapa chaira na súa maior parte na que, a 23 km da meta, os corredores subirán a Peinador antes de chegar ao sprint no centro de Vigo. A segunda delas disputarase na Coruña e a terceira na provincia de Ourense. Sarria, en Lugo, será o punto final desta ronda galega cunha contrarreloxo polo municipio e os últimos sete quilómetros íntegramente polo Camiño Francés.

A proba conta co respaldo das cinco principais institucións galegas: a Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais

O Gran Camiño está incluida no calendario UCI, na categoría 2.1, conseguindo chamar a atención de equipos profesionais de alto nivel, tanto nacionais como internacionais. Xa está confirmada a participación de Movistar, Israel Start Up Nation, Education First, Cofidis, Tavira e Euskaltel Euskadi. Tamén do RP-Boa Vista, Eolo Kometa, Androni Giocattoli e Bardiani.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.