spot_img
InicioCondado ParadantaA ParadantaO GES da Cañiza recibe un camión de emerxencias para intervencións en...

O GES da Cañiza recibe un camión de emerxencias para intervencións en incendios

O GES da Cañiza recibe un camión de emerxencias para intervencións en incendiosO vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe deste vehículo 4×4 tipo Bomba Rural Pesada equipado para intervir en lumes urbanos, industrias e forestais e que permite acceder a todo tipo de zonas

Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe ao GES da Cañiza dun camión de emerxencias para atender incidencias relacionadas con lumes urbanos, industriais e forestais, que tivo un custo de case 200.000 euros. Ao acto tamén acudiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo.

Trátase dun camión tipo Bomba Rural Pesada (BRP) totalmente equipado e que permite o acceso a todo tipo de zonas, desde terreos urbanos, a estradas secundarias en áreas rurais e pistas forestais ou camiños. Este vehículo conta con tracción integral 4×4, unha cisterna de auga de capacidade de 3.000 litros, ademais dunha bomba centrífuga con presión combinada para o lanzamento de auga en alta ou baixa presión, o que aumenta a eficacia na extinción dos lumes e reduce a afectación na zona.

O GES da Caniza recibe un camión de emerxencias

A Xunta apoia así o equipamento de emerxencias deste Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Cañiza, creado o ano pasado no marco da Comisión de Seguimento dos GES -da que forman parte a Xunta, as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)- e que permite mellorar a cobertura dos municipios de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente.

Ao mapa de emerxencias de Galicia incorporáronse o ano pasado este grupo xunto cos de A Lama e Mos/Redondela, en Pontevedra; A Veiga e Maceda, en Ourense; e o servizo municipal de emerxencias de Noia no marco dun mesmo convenio entre Xunta, deputacións e concellos. Este ano, debido á decisión das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra de rexeitar as melloras propostas pola Xunta, nestas 3 provincias manteranse as condicións actuais e na de Ourense aplicaranse nos seus 12 GES as melloras plantexadas en canto á cobertura das emerxencias en Galicia, nas condicións laboráis e económicas dos GES existentes e no incremento dos cadros de persoal dos servicios de emerxencia que non contaban con 12 efectivos.

Ademais de apoiar aos servizos de emerxencia da comunidade, tanto na dotación de equipamento como no seu funcionamento, contribúe á súa formación desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Por iso, Alfonso Rueda destacou a necesidade da colaboración das administracións co obxectivo de dotar aos profesionais destes servizos do equipamento necesario para garantir a súa seguridade nas súas intervencións e, por ende, a dos seus veciños.

- Publicidade -spot_img