Inicio Pontevedra O Plan de consolidación e modernización do Polígono de Balaídos garante a...

O Plan de consolidación e modernización do Polígono de Balaídos garante a competitividade de Citröen e os novos investimentos para Vigo

o-plan-de-consolidacion-e-modernizacion-do-poligono-de-balaidos-garante-a-competitividade-de-citroen-e-os-novos-investimentos-para-vigo

Xunta e Zona Franca salientan que o Plan de consolidación e modernización do Polígono de Balaídos garante a competitividade de Citröen e os novos investimentos para Vigo.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta mañá coa delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, quen lle entregou o Plan de consolidación e modernización do Polígono de Balaídos. No encontro, no que tamén participaron a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, Conde sinalou que este proxecto vai permitir que Zona Franca acometa as obras para modernizar o parque empresarial, e que polo tanto se poidan abordar a construción da furgoneta K9 en Vigo e os diferentes investimentos das industrias de compoñentes vinculados a este proxecto, que suman preto de 2.000 millóns de euros, así como optar aos novos modelos.

Conde explicou que unha vez recibido o proxecto, trala entrada en vigor da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese onte mesmo, este será analizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que fará un primeiro informe que estableza a urxencia e o excepcional interese do mesmo, e daralle traslado ao Concello de Vigo. Do mesmo xeito, o departamento que dirixe Francisco Conde recompilará todos os informes pertinentes, que se elevarán á Comisión Superior de Urbanismo.

O conselleiro sinalou que a Xunta está a dar unha resposta áxil, inmediata e que achega seguridade xurídica aos investimentos previstos. Apuntou ademais o conselleiro que se trata dunha iniciativa que garante a autonomía municipal, sendo preceptivo e vinculante o informe do Concello de Vigo. Neste sentido, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria salientou que se espera a colaboración de todas as administracións para a consecución do proxecto.

Pola súa banda, a delegada de Zona Franca, Teresa Pedrosa, apuntou que os investimentos totais do Plan de Modernización e Consolidación do polígono no período 2014-2020 teñen un presuposto de preto de 50 millóns de euros. Asemade, Pedrosa agradeceu a colaboración tanto da Xunta como da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo.

No encontro, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria sinalou que se prevé que todos os trámites poidan estar cumprimentados ao longo do mes de xuño, para a partir de aí trasladalo á aprobación do Consello da Xunta e que se poidan xa iniciar as obras.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies