Este ano o 57 CONCURSO-INTERNACIONAL DA CAMELIA terá lugar os días 5 e 6 de marzo no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra e nunha carpa instalada para o efecto na Avenida de Montero Ríos xusto fronte ao Palacio Provincial, onde se manterán e asegurarán todas as medidas vixentes anti COVID-19
O pasado venres 11 de febreiro de 2022 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as BASES 57 Concurso Camelia
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra na seguinte ligazón: https://sede. depo. gal/web/ public/ catalog- detail/121526039
A organización habilitará un lugar especial fose de concurso para que as persoas cultivadoras menores de idade e os cultivadores que non queiran concursar poidan expoñer as súas flores.
A cita chegará á súa 57 edición os días 5 e 6 de marzo sendo unha das poucas exhibicións de camelias que se celebrarán este ano e repartindo 22 premios
As cores e fragrancias das camelias engalanarán a Avenida Montero Ríos de Pontevedra e o Pazo provincial da Deputación os días 5 e 6 de marzo coa celebración da LVII edición do Concurso-Exposición Internacional da Camelia.
Unha cita con historia
O Concurso-Exposición da Camelia naceu en 1965 da man da Deputación de Pontevedra sendo a día de hoxe o certame máis antigo en relación a esta flor. Dende entón celébrase de xeito anual rotando o seu emprazamento entre en Pontevedra, coa organización da institución provincial, Vigo e Vilagarcía, da man dos seus concellos, promovendo e difundido deste xeito o evento por toda a provincia. A cita contribúe dende a súa creación a popularizar o cultivo da camelia na provincia de Pontevedra así como en toda Galicia e é un punto de referencia para persoas cultivadoras e afeccionadas ao que incluso se achegan persoas de distintos países europeos.




