spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolle unha mostra sobre as...

O Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolle unha mostra sobre as campañas institucionais do Ministerio de Agricultura

O Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolle unha mostra sobre as campañas institucionais do Ministerio de Agricultura

A exposición, aberta ata o 31 de xaneiro, consta de 30 paneis que repasan a evolución das políticas agrícolas, pesqueiras, forestais e alimentarias dende o 1978 ata a actualidade

A Deputación de Pontevedra acollerá no Pazo provincial, dende hoxe e ata o vindeiro 31 de xaneiro, unha exposición impulsada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que percorre as súas campañas publicitarias e institucionais máis representativas dos últimos 40 anos de democracia. A mostra, que xurdiu con motivo do 40º aniversario da Constitución española, consta de 30 paneis que teñen por obxectivo reflexar como foron evolucionando as distintas políticas agrícolas, pesqueiras, forestais e alimentarias dende o 1978 ata o 2018.

Ao longo da trintena de paneis que compoñen a mostra farase un repaso por aquelas campañas que quedaron retidas no imaxinario colectivo como, por exemplo, “Pezqueñines ¡No gracias!”. Este famoso slogan tivo unha grande repercusión en España a principios dos anos 80, cando se estreou un anuncio de televisión protagonizado por debuxos animados que tiñan por obxectivo sensibilizar ás crianzas, e tamén ás persoas adultas, sobre a necesidade de evitar o consumo de pescado que non supera as tallas mínimas requiridas. Así mesmo, hai outras campañas como “Todos contra el fuego” que tamén deixaron unha profunda pegada na sociedade. Foi a finais dos anos 80 cando se emitiron tres anuncios e unha publirreportaxe, protagonizados por persoas famosas, que buscaban concienciar sobre a prevención dos lumes que arrasan os montes.

Aínda que estas son as campañas máis destacadas, hai moitas outras que compoñen a mostra. O percorrido segue unha orde cronolóxica que permitirá facer un repaso polos fitos da historia máis recente de España. Entre eles, a integración do país na Unión Europea, a aportación das mulleres ou o papel protagonista do público, que fixeron posible a transformación, a modernización, a innovación e o progreso da nosa sociedade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.