Inicio Galicia A Xunta destinará 3 millóns de euros en axudas ás entidades locais...

A Xunta destinará 3 millóns de euros en axudas ás entidades locais para melloras nas infraestruturas turísticas do rural

A Xunta destinará 3 millóns de euros en axudas ás entidades locais para melloras nas infraestruturas turísticas do rural

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de abrir a convocatoria de subvencións para 2019 destinada a axudar ás entidades locais a mellorar as súas infraestruturas turísticas para o que destinará un total de tres millóns de euros, un 20% máis que a partida inicial que se destinara o ano pasado para o mesmo fin.

Como se publica hoxe no Diario de Galicia (DOG) poderán optar en réxime de concorrencia competitiva tanto os concellos, mancomunidades e consorcios locais con competencias en materia de turismo, como as agrupacións de concellos aos que se lles axudará a recuperar e mellorar a accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural.

Deste xeito, subvencionaranse as actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos, incluíndo a recuperación e tratamento paisaxístico, a iluminación ornamental, a recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, sendeiros, rotas ou outros elementos de interese turístico. Tamén se axudará na adecuación de espazos para estacionamento de vehículos coa finalidade sexa reducir o impacto negativo que estes producen.

As axudas de Cultura e Turismo tamén sufragarán actuacións de embelecemento dos Bens de Interese Cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado que pode consistir en accións como o embelecemento de vías ou soterramento dos contedores de residuos e eliminación do cableado aéreo e antenas de comunicacións, entre outras. Tamén se subvencionarán actuacións de posta en valor turístico dos recursos incluíndo a recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional.

164 entidades beneficiadas en 2018

Do mesmo xeito se inclúen actuacións de mellora da accesibilidade, coa eliminación de barreiras arquitectónicas no acceso aos bens, recursos e rutas turística. Esta liña de axudas comprende igualmente a sinalización nas condicións que se indican nas bases publicadas.

Un total de 164 entidades locais beneficiáronse o ano pasado desta liña de subvencións que contribúen á diversificación da oferta turística galega, de xeito que todos os galegos poidan experimentar os beneficios económicos, sociais e culturais que a actividade turística pode supoñer, especialmente no rural. O prazo para presentar solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies