spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Pazo de Gondomar, a fortaleza descoñecida

O Pazo de Gondomar, a fortaleza descoñecida

O Pazo de Gondomar, a fortaleza descoñecidaO Pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, está situado ao sur da vila do Val Miñor. É un dos pazos máis emblemáticos da comarca e presumiblemente foi levantado sobre os restos dunha fortaleza medieval. Está declarado Ben de Interese Cultural, dende 1998 e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

O edificio principal distribúese en tres plantas, posúe unha capela do século XVII e orixinalmente contaba con 3 km de muralla da cal se conservan algúns elementos, como as garitas.O Pazo de Gondomar, a fortaleza descoñecida

Residencia e lugar de nacemento de Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, que recibiu o seu título de Felipe III. O conde foi, durante o reinado de Felipe II, unha das figuras máis importantes da diplomacia española; e chegou a ser nomeado embaixador de España en Londres.

En vida do conde, o Pazo viviu a súa época de máximo esplendor, cunha gran extensión de terreo rodeado por unha muralla que chegaba ata as mesmas portas do que hoxe é a Casa Consistorial de Gondomar. Un incendio no século XVIII causou graves danos no Pazo, que sería restaurado no século XIX polos sucesores do nobre galego, que xa estaban emparentados cun das liñaxes máis prestixiosas da nobreza española, os Fernández de Córdoba, descendentes do Gran Capitán, co que este condado se uniu ós títulos do ducado de Medinaceli.

A CAPELA
Esta pequena igrexa foi protagonista na Guerra Civil española, cando a ameaza das profanacións de santuarios empuxou ao XI conde de Gondomar a agochar no bosque que rodea á fortaleza as figuras relixiosas que alí se atopaban. Eran de madeira, polo que se pensa que xa non queda nada delas. Nesta mesma época, o pobo gondomareño demostrou o aprecio que lle profesaba ao conde facendo turnos de vixiancia ao redor do pazo nun intento de protexelo dunha posible irrupción.
O Pazo de Gondomar, a fortaleza descoñecidaCATEDRAL ARBÓREA
Un paso separa a estrada do acceso principal ao pazo. Un paso é a medida que hai entre o asfalto e a natureza. Un paso adiante e unha catedral arbórea invítanos a erguer a vista para admirar o tecido de ramas que substitúe ao manto azul do ceo. Non se trata dunha
selva virxe, non, é un xardín exótico con especies moi importantes procedentes, sobre todo, de Australia. Imponentes sequoias conviven con elegantes calocedrus na mesma superficie de terreo na que atopamos cunninghamias lanceolatas ou tilos e castaños de Indias que se alternan entre unha colcha de setos de aligustres. E as xoias da coroa? Sete magnolios americanos, un ciprés de Lawson, un Sugui xaponés e un olmo coñecido como “O Pantalóns”O Pazo de Gondomar, a fortaleza descoñecida

GARITA DE CENTINELA A CABALO
«Unha marabilla única» que esconde a casa é unha garita de centinela a cabalo que permitía observar o val ante a proximidade da fronteira portuguesa e a costa, pola que transitaban non poucas veces galeóns inimigos. O patio de armas, no que se atopa o corpo principal da casa, é actualmente o corazón da fortaleza.

Durante o século XIX, por este mesmo terreo e entre as oito columnas esculpidas nunha soa peza, conversaban franciscanos aos que se lles cedeu o
pazo daquela coñecido como “Convento de John Forrest”.

O Pazo de Gondomar, a fortaleza descoñecida

Parte deste texto está incluída nesta reportaxe: no nº3 da revista COUSAS DE Val Miñor .-Pazo Conde de Gondomar, a fortaleza descoñecida

- Publicidade -spot_img