Inicio Pontevedra O Pazo da Deputación de Pontevedra se iluminará de azul no Día...

O Pazo da Deputación de Pontevedra se iluminará de azul no Día Mundial da Diabetes

O Pazo da Deputación de Pontevedra se iluminará de azul no Día Mundial da DiabetesA Deputación de Pontevedra quere unirse neste 2018 á celebración do Día Mundial da Diabetes, que terá lugar este próximo mércores 14 de novembro. É por ilo que o Pazo da Deputación se iluminará mañá martes 13 de novembro á noite para que permaneza de azul, cor desta enfermidade, durante toda a xornada da propia celebración.

Xunto a esta iluminación procederase tamén á lectura do manifesto, que este ano aposta por concienciar a poboación sobre o impacto que a diabetes ten na familia e na rede de apoio dos afectados, así como promover o papel da xestión, coidado, prevención e educación na diabetes.

Este ano a celebración quere concienciar á poboación sobre o impacto que a diabetes ten na familia e na rede de apoio dos afectados

Baixo o lema “A diabetes concirne a cada familia”, búscase dar a coñecer que todas as familias se ven potencialmente afectadas pola diabetes e, polo tanto, o coñecemento dos signos, síntomas e factores de risco para todos os tipos de diabetes é vital para detectalo cedo. O diagnóstico e o tratamento temperáns son clave para previr as complicacións da diabetes e lograr resultados saudables.

Calcúlase que esta enfermidade, que afecta a 425 millóns de persoas en todo o mundo, sendo unha das de maior prevalencia no mundo, non está diagnosticada nun 50% das ocasións. Esta situación provoca que ditas persoas non teñan acceso aos tratamentos adecuando, o que incide na súa calidade de vida, podendo causarlles incluso a morte por complicacións derivadas da diabetes. Ademais, menos de 1 de cada 4 membros da familia teñen acceso a programas de educación sobre a diabetes . Está demostrado que o apoio familiar no coidado da diabetes ten un efecto substancial na mellora dos resultados de saúde para as persoas con diabetes. Polo tanto, é importante que todas as persoas con diabetes e as súas familias teñan acceso á educación e o apoio continúo en materia de autocontrol da diabetes para reducir o impacto emocional da enfermidade que pode dar lugar a unha calidade de vida negativa.

Se ben a maioría dos casos que se detectan corresponden a diabetes de tipo 2, non hai que esquecer a diabetes tipo 1, con maior prevalencia en nenos e adolescentes. É importante incidir na educación nutricional nas escolas para que entendan esta enfermidade e adquiran costumes alimenticios que preveñan o desenvolvemento desta enfermidade nun futuro; calcúlase que un 80% dos casos de diabetes tipo 2 se poderían previr cuns hábitos de vida saudables.

Do mesmo xeito, e pese aos grades avances realizados na investigación desta enfermidade nas últimas décadas, desde a Deputación quérese lembrar que non hai que esquecerse dela; a investigación fará da vida destas persoas, sobre todo aquelas insulino dependentes, moito máis fácil, como no caso das bombas de insulina ou os sistemas de monitorización de glucosa, que evitan que moitos pacientes teñan que recorrer a molestos picados que nalgúns casos superan a decena ao día.

O Día Mundial da Diabetes vense celebrando desde 1991, cando a Federación Internacional de Diabetes e a Organización Mundial da Saúde escolleron o 14 de novembro para lembrar o aniversario de Frederick Banting, quen, xunto con Charles Best, tivo a idea que lles conduciría ao descubrimento da insulina, en outubro de 1921. En decembro de 2006 a ONU aprobou unha resolución que incluía esta data no seu calendario de días oficiais da saúde, sumándose así á súa celebración a partir de 2007.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies