Inicio Vigo e área Soutomaior O Castelo de Soutomaior enxalza o potencial turístico dos viños Rías Baixas...

O Castelo de Soutomaior enxalza o potencial turístico dos viños Rías Baixas cunha cata a cegas amateur no Día Internacional do Enoturismo

O Castelo de Soutomaior enxalza o potencial turístico dos viños Rías Baixas cunha cata a cegas amateur no Día Internacional do EnoturismoO Castelo de Soutomaior enxalza o potencial turístico dos viños Rías Baixas cunha cata a cegas amateur no Día Internacional do Enoturismo

A presidenta de Deputación, Carmela Silva, xunto co presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil, e o deputado de Turismo, Santos Héctor, participou esta mañá na cata a cegas amateur no entorno do Castelo de Soutomaior con motivo do Día Europeo do Enoturismo. Esta novidosa iniciativa, promovida pola institución provincial en colaboración coa Ruta do Viño Rías Baixas, tiña como principal obxectivo a posta en valor e o enxalzamento dos produtos vitivinícolas da provincia, considerados como potentes recursos para atraer, desestacionalizar e internacionalizar o turismo.

Carmela Silva puxo en valor a iniciativa que “enxalza os nosos brancos que levan a Pontevedra Provincia por todo o mundo, identifícanos e énchenos de orgullo. Falamos, dixo a presidenta provincial, dun sector con unha enorme capacidade de atracción de visitantes, dun turismo sostible e de calidade que temos que coidar porque ten unhas enormes potencialidades”. Silva agradeceu por elo á denominación Rías Baixas e á Ruta do Viño “o seu grande traballo para que tiñamos os mellores brancos do mundo e para promocionalos”.

Pola súa banda, Juan Gil, presidente da Ruta, agradeceu á Deputación a súa colaboración “para facer posible esta iniciativa e ademais nunha paraxe como o Castelo de Soutomaior”, e fixo fincapé na grande colleita anual de Rías Baixas, en cantidade e calidade, por segundo ano consecutivo.

A cata a cegas, na que participou un centenar de persoas, comezou coas explicacións do sumiller José Luis Aragunde, que foi explicando ás persoas asistentes a dinámica da xornada. En cada unha das mesas había cinco viños diferentes que, na primeira parte da cata, se podían probar e facer anotacións sobre os mesmos. Porén, na segunda parte as e os participantes tiñan que adiviñar, cos ollos pechados ou tapados, que viños eran os que estaban probando. Finalmente, aquelas persoas que acertaron recibiron un diploma acreditativo e, entre todas elas, sorteouse un enopack que consiste nunha visita guiada a unha adega con degustación e almorzo incluídos.

Ademais da cata a cegas, as persoas asistentes puideron visitar o Castelo de Soutomaior e degustar produtos de temporada acompañados cos viños das Rías Baixas nun ambiente amenizado pola música dun DJ. E aínda que en cada unha das mesas só había dispostos cinco viños, ao final da cata as persoas participantes puideron probar os viños presentes, que foron entre 40 e 45 tipos diferentes.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies