spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO pavillón municipal de Cabeiro acolle o IV Torneo de Esgrima Histórica...

O pavillón municipal de Cabeiro acolle o IV Torneo de Esgrima Histórica ‘Vila de Redondela’

O pavillón municipal de Cabeiro acolle o IV Torneo de Esgrima Histórica 'Vila de Redondela'O torneo, que ten entrada libre e gratuíta, desenvolverase entre as 11 h e as 20 30 horas

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Deportes que xestiona Nacho González e a Sala Viguesa de Escrima Antigua (SVEA), presentaron na mañá de hoxe na Casa do Concello o que será o IV Torneo de Esgrima Histórica ‘Vila de Redondela’, actividade que, dende o seu inicio, conta cada día con maior aceptación por parte do público ao tratarse dun espectáculo moi visual, dinámico e entretido.

O torneo, que ten a entrada libre e gratuíta, desenvolverase entre as 11 horas e as 20:30 horas e, ao longo dese tempo, espectadoras e espectadores poderán ser testemuñas de combates medievais e renacentistas e exhibicións de artes marciais históricas europeas, un estilo de loita que nada ten que envexar ás artes marciais orientais como o kung fu, karate, muay thai ou judo.

A alcaldesa de Redondela, quen na presentación estaba acompañada polo concelleiro de Deportes, Nacho González e o presidente da Sala Viguesa de Esgrima Antigua, Damián Troncoso Saavedra, agracedeu a “implicación e compromiso” da SVEA con Redondela ao converter ao municipio “nunha cita obrigada para os amantes desta espectacular disciplina deportiva”.

Digna Rivas animou á veciñanza a achegarse ao pavillón de Cabeiro “onde, os que xa coñecen este torneo gozarán co mesmo e aquelas persoas que nunca o presenciaron, a bo seguro que levarán unha sorpresa máis que agradable e ‘engancharanse’ á esgrima histórica”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.