spot_img
InicioCondado ParadantaO patrimonio do Condado a estudo nunhas xornadas que se van a...

O patrimonio do Condado a estudo nunhas xornadas que se van a celebrar en Ponteareas

O patrimonio do Condado a estudo nunhas xornadas que se van a celebrar en PonteareasVisitas guiadas, certificado de asistencia, concesión de créditos para estudantes de grao e participación das asociacións e iniciativas da contorna

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, e o departamento de arqueoloxía da Facultade de Historia da Universidade de Vigo, asinaron un acordo de colaboración que fará posible as I Xornadas sobre Patrimonio do Condado.

Grazas á iniciativa da concellería de Cultura e co apoio do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez, Ponteareas acollerá durante cinco días o primeiro encontro que porá en valor o patrimonio da comarca e contribuirá na difusión desta riqueza histórica.

As I Xornadas sobre Patrimonio do Condado brindarán ao público a oportunidade única de escoitar aos máis importantes estudosos de historia, arqueoloxía e arte de dentro e fóra de Galicia totalmente de balde sendo tan só preciso inscribirse no enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es ou a través do número de teléfono 986 66 07 65

A concellería de Cultura, co obxectivo de achegar as xornadas aos estudantes universitarios, acordou coa Universidade a concesión de 0,9 créditos ECTS para os estudantes de grao.

Ademais, tamén outorgarán un certificado de asistencia ás persoas participantes que asistan como mínimo ao 80% da actividade.

Xornadas Internacionais

As I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado serán prácticas e teóricas e traerán a Ponteareas figuras do nivel do arqueólogo Xosé Lois Vilar; Marta Cendón e María Luisa Castro da Universidade de Santiago de Compostela; o arqueólogo da Deputación Rafael Rodríguez; Juan Manuel Buján, Ministro Provincial dos Franciscanos; Carlos Andrés González Paz do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento; Clodio González Pérez do Museo do Pobo Galego e da Real Academia Galega; , José Manuel Hidalgo Cuñarro do Instituto Histórico e Xeográfico de Santa Catarina Brasil; Rafael Sánchez Bargiela do Instituto de Estudos Tudenses e o arqueólogo Alberte Reboreda, entre outras figuras expertas en Patrimonio e Historia.O patrimonio do Condado a estudo nunhas xornadas que se van a celebrar en Ponteareas

Estas primeiras xornadas terán oco para as iniciativas das asociacións culturais sobre o patrimonio do Condado e no xoves haberá unha mesa redonda na que participará Marcos Escudero e Marina Alcalde da A.C. ViaxaMos no tempo, Nieves Barrera da asociación Rancho de Reis de Guláns e Arístides Carrera da asociación Patrimonio Cultural Val do Tea.

As e os participantes tamén desfrutarán de visitas guiadas ao Castro de Troña e aos petróglifos de Gargamala para ademais de coñecer o noso patrimonio, participar nunha clase práctica.

Toponimia, arquitectura, o medievo, as nosas orixes ou a historia da arte floral serán algúns dos temas nos que adentrará o público da man dos expertos.

“Estas primeiras xornadas achegarán a importancia do patrimonio histórico e cultural á cidadanía, aos universitarios e ao alumnado en xeral e tamén suporán unha oportunidade única de escoitar a conferenciantes e expertos de dentro e de fóra de Galicia na nosa vila”, explica Fernando Groba.

- Publicidade -spot_img