spot_img
InicioCondado ParadantaO Castelo de Sobroso deu o 'sí acepto' cun desfile de traxes...

O Castelo de Sobroso deu o ‘sí acepto’ cun desfile de traxes nupciais

O Castelo de Sobroso deu o 'sí acepto' cun desfile de traxes nupciaisO estilista Óscar Novo e a deseñadora Patricia Avendaño presentaron a súa colección 2020 nun evento que contou con actuacións de Rosa Cedrón e a Nova Galega de Danza

O Castelo de Sobroso vestiuse o pasado xoves coas súas mellores galas para acoller o desfile de traxes de noiva no que o estilita Óscar Novo presentou as novas apostas da deseñadora Patricia Avendaño, que forman parte da súa colección nupcial para o ano 2020. Ao evento asistiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entre outras autoridades.

Na cita, houbo tempo para a cultura e tamén para a posta en valor dun dos elementos máis importantes do patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra. Deste xeito, o evento –que estibo conducido por Diana Nogueira– contou, ademais de co desfile de traxes nupciais da colección de Patricia Avendaño, con dúas actuacións estelares a cargo da vocalista Rosa Cedrón, imaxe de marca de Óscar Novo, e a compañía Nova Galega de Danza.

O desfile foi unha mostra máis do xeito en que tradición e vangarda conflúen no traballo que vén desenvolvendo a Deputación de Pontevedra estes últimos anos, co obxectivo de crear novas experiencias e novos atractivos para a captación de visitantes do destino #PontevedraProvincia.

A institución provincial ten apostado pola moda con grande éxito en actividades como a exposición “A moda en detalles”, que acolleu en 2019 o Castelo de Soutomaior acompañada de visitas guiadas temáticas arredor da moda e da camelia, ou a mostra “Galicia, a terra dos mil panos”, que se converteu nunha das máis visitadas do ano 2019 no Museo de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img