spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO paseo de Cesantes estreará papeleiras, pintado de farois e toldos nos...

O paseo de Cesantes estreará papeleiras, pintado de farois e toldos nos bancos e no acceso aos baños

O paseo de Cesantes estreará papeleiras, pintado de farois e toldos nos bancos e no acceso aos bañosA Concellaría de Medio Ambiente de Redondela, dirixida por Roberto Villar, vén de rematar unha vintena de pequenas actuacións para mellorar a contorna das praias do municipio, dando resposta con  moitas delas a diferentes reclamacións veciñais.

Todas estas obras leváronse a cabo grazas ao aforro acadado co plan de recollida de algas manual que supuxo dispor dun orzamento de entre 15.000 e 20.000 euros para desenvolver estas melloras que xa poden gozar os redondeláns e os visitantes ás praias deste municipio.

Entre as actuacións acometidas, destacan as do paseo da praia de Cesantes onde se instalaron toldos en varios bancos e nas entradas aos baños, pintaranse os 125 farois do mesmo e substituiranse todas as papeleiras. Tamén en Cesantes elimináronse os carteis informativos de marisqueo que estaban soterrados no espazo de mar e colocáronse outros en terra. Tamén acoutouse, cun valado de corda, a duna deste areal e, na zona dos estaleiros e na do regato, estendeuse area para mellorar as zonas de toallas.

Nas zonas de A Mariña así como nas dunas da zona de kitesurf de A Punta procedeuse á instalación de fontes. Tamén se mellorou o espazo contiguo ao club de Remo cun axardinamento e bolardos para evitar que os coches aparquen nas beirarrúas. En Arelalonga, a Concellaría dispuxo unha varanda de protección nos dous ríos, mellorouse unha fonte nas duchas e estendeuse unha gabarra de area para mellorar distintas zonas deste areal e, na praia de Antoñito, houbo unha intervención nos accesos coa renovación do valado.

Tamén, entre os servizos que se puxeron en marcha este ano en todos os areais de Redondela, destaca a limpeza das mesas dos merendeiros e a dos baños das praias que están abertos ao público de día e noite.

- Publicidade -spot_img