Inicio Alto Minho O parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza, foi presentado ao Goberno Luso

O parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza, foi presentado ao Goberno Luso

Fortaleza Goian

O alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, deu a coñecer o proxecto do futuro parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza á Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, Drª. Célia Ramos, nunha reunión celebrada en Lisboa, con moi boa acollida por parte da directiva lusa.

Con este encontro, o alcalde cerveirense procurou sensibilizar unha instancia máis, o Goberno Portugués, para o traballo que se ven desenvolvendo no ámbito da cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño, de forma a recoller apoio para o desenvolvemento do proxecto.

o-parque-transfronteirizo-castelinho-fortaleza-foi-presentado-ao-goberno-luso

Fernando Nogueira subliña que o futuro parque transfronteirizo ten sido moi ben acollido polas entidades dos dous lados da fronteira até o de agora, e a reunión coa Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, constitúe un paso firme na concreción deste desafío. “A Drª. Célia Ramos manifestou boa recetividade, apuntando o carácter de certo proxecto de fronteira e que merecía o seu apoio, e deu incluso algunhas suxestións no sentido de enriquecer o proxecto”, informou o alcalde.

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño conseguiron colocar na axenda de entidades gobernamentais e outras con competencias na materia, de Portugal e España, un proxecto singular de dous parques, localizados fronte a fronte, que se complementan, e que poderán transformarse nun único espazo natural a través dunha travessia peonil sobre o río Miño.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies