·Publicidade ·spot_img
InicioO SalnésArousaO Parque Nacional das Illas Atlánticas promoverase este verán como destino turístico...

O Parque Nacional das Illas Atlánticas promoverase este verán como destino turístico ‘Starlight’

parque-nacional-das-illas-atlanticas-entra-no-top-100-de-destinos-turisticos-sustentables-do-mundoO Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve albergar un verán máis unha completa programación de actividades astronómicas co obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a coñecer entre os visitantes unha parte destacada dos seus recursos naturais: o ceo.

Por quinto ano consecutivo, a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía (Fegar) encargarase de dirixir e coordinar as distintas accións de dinamización previstas para difundir os valores que desde o ano 2016 acreditan a este espazo natural como destino turístico Starlight. Para logralo, Fegar contará coa colaboración e apoio loxístico do persoal do Parque Nacional no desenvolvemento das actividades, de carácter gratuíto e dirixidas a distintos sectores da poboación, incluído o público infantil.

A programación comezou o pasado 1 de xullo e prolongarase ata o 16 de setembro, incluíndo intervencións tanto diúrnas como nocturnas que buscan introducir aos visitantes na exploración de estrelas, meteoritos e outros corpos celestes

Cómpre lembrar que os destinos Starlight —un selo avalado pola Unesco e outorgado pola Fundación Starlight— son lugares visitables que gozan dunhas condicións óptimas para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estar protexidos da contaminación luminosa, resultan especialmente axeitados para albergar todo tipo de actividades turísticas baseadas neste recurso natural.

Neste sentido, a programación astronómica prevista para este verán nas Illas Atlánticas —que comezou o pasado 1 de xullo e prolongarase ata o 16 de setembro— inclúe observacións tanto diúrnas como nocturnas durante as que se porá a disposición das persoas participantes material óptico de última xeración e equipos electrónicos.

Así, as actividades programadas pola mañá levaranse a cabo entre as 13,30 e as 14,00 horas e centraranse na observación solar a través dun telescopio solar en lonxitude de onda alfa, para ver as protuberancias e a evolución das manchas solares, ademais do tránsito de diferentes obxectos celestes.

As illas atlánticas acollen mañá o II Encontro de Pintores co fin de amosar a súa riqueza natural mediante a arte pictórica

Así mesmo, a observación astronómica en sentido estrito desenvolverase polas noites, concretamente no Lago dos Nenos e na Pedra da Campá no caso das illas Cíes, e en Caniveliñas na de Ons. Adicionalmente tamén se realizarán unha serie de actividades de exploración de corpos celestes dirixidas a nenos así como de observación de meteoritos, incluíndo a chuvia das Perseidas do mes de agosto.

As actividades previstas, durante as que se porá a disposición dos visitantes material óptico de última xeración e equipos electrónicos, realizaranse ao aire libre polo que estarán suxeitas a posibles cambios de data polas condicións meteorolóxicas

A programación chegará aos catro arquipélagos aínda que a oferta concentrarase en Cíes —onde se realizarán en total catro quendas: do 1 ao 14 de xullo; do 29 de xullo ao 12 de agosto; do 26 de agosto ao 3 de setembro; e do 6 ao 16 de setembro— e en Ons —con actividades programadas do 15 ao 28 de xullo e do 12 ao 25 de agosto—. As actividades en Sálvora e en Cortegada aínda están sen pechar polo que se irán concretando as datas.

Descubre a maxia de Ons, a illa habitada do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Para poder participar nalgunha destas accións, os interesados deberán inscribirse previamente na propia illa e os grupos organizaranse in situ. Ao ser actividades ao aire libre, en todo caso, a súa celebración dependerá das condicións meteorolóxicas de xeito que este calendario é susceptible de sufrir posibles alteracións.

Ademais, este ano tamén estará condicionada pola covid e as medidas hixiénico-sanitarias establecidas para os visitantes dentro de todo o Parque Nacional. Así, os grupos serán de como máximo 20 persoas e a duración de cada actividade será dunha hora máximo para reducir o tempo de exposición. A máscara será de uso obrigatorio, daráselles aos participantes protectores oculares individuais para usar os telescopios e respectarase en todo momento a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Destino ‘Starlight’ desde 2016

Cómpre lembrar que o Parque Nacional das Illas Atlánticas é destino Starlight desde o ano 2016, de aí a importancia de actividades coma estas, que buscan difundir os valores do ceo nocturno do arquipélago e promover a observación das estrelas desde as illas.

Ademais, a finais de 2015 tamén recibiu a Carta Europea de Turismo Sustentable (CETS) en recoñecemento ao seu compromiso activo cunha actividade turística de calidade. As accións de observación e divulgación astronómica programadas para xullo, agosto e setembro enmárcanse nos obxectivos da CETS, que busca mellorar a calidade da oferta turística do parque, facéndoa compatible coa conservación dos seus valores naturais.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies