spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Parque Nacional das Illas Atlánticas entra no top 100 de destinos...

O Parque Nacional das Illas Atlánticas entra no top 100 de destinos turísticos sustentables do mundo

parque-nacional-das-illas-atlanticas-entra-no-top-100-de-destinos-turisticos-sustentables-do-mundo
Un grupo de expertos relacionados co turismo e o medio ambiente concederon este recoñecemento esta semana no marco do Global Green Destinations Day, celebrado en Liubliana (Eslovenia)

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia vén de entrar no top 100 de destinos turísticos sustentables do mundo, tal e como anunciou esta semana o selo internacional Green Destinations.

Esta comunidade, da que forman parte varios organismos relacionados co turismo e o medio ambiente, celebrou esta mesma semana o evento Global Green Destinations Day en Liubliana (Eslovenia), onde se anunciou este recoñecemento para o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Á hora de conceder esta distinción, os expertos valoraron criterios como a protección da natureza, a política turística do destino, a protección da paisaxe e a conservación do patrimonio cultural

Os destinos participantes foron avaliados por un grupo de expertos internacionais en turismo, sustentabilidade e medio ambiente, en base a un conxunto de 15 criterios, entre os que se atopan a protección da natureza, a política turística do destino, a protección da paisaxe e a conservación do patrimonio cultural.

Este recoñecemento é unha mostra dos esforzos por facer do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas un referente do turismo responsable. Entre as iniciativas postas en marcha destaca o produto turístico “Starlight en espazos protexidos: o que a noite esconde”, un recoñecemento que se outorga a aqueles enclaves que gozan de excelentes calidades para a observación de estrelas, que están protexidos da contaminación luminosa e que contan coas instalacións axeitadas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.