spot_img
InicioO SalnésArousaO Parque Nacional das Illas Atlánticas e Amicos colaboran nunha limpeza de...

O Parque Nacional das Illas Atlánticas e Amicos colaboran nunha limpeza de fondos mariños nos arredores de Sálvora

O Parque Nacional das Illas Atlánticas e Amicos colaboran nunha limpeza de fondos mariños nos arredores de SálvoraPersoal do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e da asociación Amicos colaboraron esta fin de semana nos traballos de limpeza de fondos mariños que se levaron a cabo na illa de Sálvora.

A actuación enmárcase no programa de Custodia Ambiental para a Redución de Residuos no Espazo Mariño Protexido das Rías Baixas (RE-MAR), un proxecto complementario ao LIFE IP Intermares co obxectivo de reducir os residuos no mar a través da súa recollida e tratamento, pero tamén do impulso de actuacións de carácter preventivo.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas e Amicos colaboran nunha limpeza de fondos mariños nos arredores de SálvoraDe feito, a intervención deste domingo en Sálvora centrouse nas augas que rodean o arquipélago, en cuxas tarefas de limpeza participaron varios mergulladores e membros do Náutico Medusa, de Vilagarcía de Arousa, baixo a coordinación de traballadores do Parque Nacional e de voluntarios de Amicos.

Así mesmo, a xornada de limpeza de fondos –na que se recolleron máis de 20 kg de lixo serviu tamén para celebrar un acto de bautismo mariño de dúas persoas con autismo ligadas a esta organización, unha entidade sen ánimo de lucro que se dedica á atención de persoas con discapacidade e das súas familias na comarca de Arousa.

Cómpre lembrar que o Parque Nacional das Illas Atlánticas participa en calidade de socio principal no programa RE-MAR. Trátase dun proxecto colaborativo que emprega a ciencia cidadá para reforzar a cooperación entre os sectores pesqueiros e máis estreitamente vencellados ao mar, a poboación local e os visitantes das Illas Atlánticas e da súa área de influencia, na busca dun modelo de desenvolvemento inclusivo baseado na conservación do entorno litoral e mariño.

- Publicidade -spot_img