spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Parque das Illas Atlánticas organiza a campaña de anelado de aves...

O Parque das Illas Atlánticas organiza a campaña de anelado de aves para rexistrar datos da súa migración

campaña de anelado de aves para rexistrar datos da súa migraciónO Parque Nacional das Illas Atlánticas acollerá durante os meses de setembro e outubro unha nova campaña de anelado intensivo de aves co fin de coñecer a migración outonal de varias especies que conviven no entorno natural do parque.
Esta campaña forma parte do proxecto de Estación de Anelamento na que o Parque Nacional colabora xunto co Grupo Ibérico de Anelamento, e que se enmarca no Programa de Voluntariado en Parques Nacionais, financiado polo Organismo Autónomo Parques Nacionais.

Esta iniciativa consiste no seguimento da migración outonal de especies de aves pertencentes ao grupo dos paseriformes co obxectivo de avaliar a súa situación no Parque e analizar a evolución das súas poboacións.

Este tipo de proxecto, que xa se desenvolveu en setembro de 2013, contribúe, non só coñecemento da migración senón tamén o dos factores que interveñen nela:
– Contribúe á implantación dunha rede de estacións de anelamento a escala peninsular e europea.
– Avanza no coñecemento da fenoloxía migratoria dos paseriformes e das variacións na mesma a longo prazo.
– Permite coñecer as posibles diferenzas intraespecíficas no uso das rutas migratorias
– Coñecer os requirimentos ecolóxicos das áreas de aprovisionamento de enerxía dos paseriformes no proceso de migración.
– Pon a estación a disposición da comunidade científica para a toma de datos puntuais e adicionais no marco de aves illas atlánticasproxectos de investigación.

Neste este ano, a Illa de Ons será o emprazamento elixido para a realización do proxecto

O Parque Nacional das Illas Atlánticas representa un dos mellores conxuntos de ecosistemas naturais ligados a zonas costeiras e de plataforma continental Eurosiberiana, Dentro do Parque, a comunidade de aves ocupa un lugar moi relevante xa que inclúe especies mariñas típicas dos ecosistemas costeiros atlánticos, moitas das cales destacan pola súa importancia no contexto nacional e europeo polo seu interese científico, pola súa singularidade ou vulnerabilidade das súas poboacións.
Para este ano a Illa de Ons será o emprazamento elixido para a realización do proxecto. As redes da Estación de Esforzo Constante situásense nunha área que comprende uns 200 metros de franxa desde a costa este cara a o interior da illa entre a Praia dás Dornas e a Punta do Castelo.

A metodoloxía a seguir está baseada na empregada noutras estacións de anelamento na península, co obxectivo de obter resultados comparables e que sirvan a unha rede común de estacións de anelamento.

Como método de captura empregaranse unicamente redes de néboa que deben ter 12 metros de lonxitude, 16 milímetros de luz de malla e 5 bolsas. Estas redes han de permanecer na mesma localización e posición ano tras ano. Non se poderán utilizar reclamos para aumentar o número de capturas, nin ningún outro método de captura diferente ás redes habituais, a menos de 500 metros da zona de anelamento. As capturas levarán a cabo desde o campaña de anelado de aves para rexistrar datos da súa migraciónamencer ata última hora da tarde, revisándose as redes cada hora. O número total de redes que conforman a Estación de Esforzo Constante é de 16 redes de 12 metros (192 metros totais).
Ademais, durante as xornadas de anelamento non se utilizaron reclamos para aumentar o número de capturas, nin ningún outro método de captura diferente ás redes arbustivas dominantes. Ademais clasificáronse dentro dun dos dous hábitats principais da área de estudo: Parcelas de cultivo abandonadas con soutos de porte arbóreo e bosque con matogueira de ribeira.

 

- Publicidade -spot_img