Onte presentouse no Salón Medieval do Parador Conde de Gondomar, o novo anuncio destinado à promoción turística de Baiona.
Ao acto asistiron ademais de membros da corporación municipal; Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia; José Manuel Figueroa, Vicepresidente da Deputación de Pontevedra e o subdelegado do Goberno en Galicia, Antonio Coello Bufill, quen fixo entrega a Jesús Vázquez Almuiña como alcalde de Baiona, dos diplomas que certifican ás 6 praias de Baiona co selo de calidade SICTED
O novo spot mostra unha imaxe de Baiona dende a perspectiva dun visitante que chega aquí por primeira vez e conta cal é a súa primeira impresión. O protagonista do video non é o destino, se non o viaxeiro, Baiona é o espazo onde este deixa voar as súas emocións.
Este formato ten a intención de chegar ao público a través das sensacións, un aperitivo que provoque as ganas de vir e vivir a experiencia que se mostra na proxección.
Este spot será o eixo central da campaña turística que terá lugar unha vez finalice a tempada estival e que pretende alcanzar un gran impacto a través das redes sociais e páxinas web de todo o mundo. Esto permitirá levar a imaxe de Baiona a unha gran cantidade de persoas, en calquera parte do mundo, en poucos minutos.
Na súa intervención a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro lembrou que “a grande aposta de Turismo de Galicia baséase na diferenciación a través da calidade e a sustentabilidade” , e así, “só un destino turístico sostible e de calidade pode pervivir no competitivo mercado turístico actual, cambiante e moi especializado”.
Estes valores, segundo argumentou Nava Castro, “son compartidos por Baiona, que incide na calidade como principal ferramenta para a internacionalización dos seus recursos e produtos turísticos”. Así, engadiu, “estamos a falar do primeiro concello galego en recibir o distintivo Quality coast, o maior programa internacional de certificación de turismo sostible de Europa”.
O patrimonio natural e cultural, o coidado da natureza e da identidade local, así como a participación das empresas no turismo sostible, son os valores que esixe Quality coast e que Baiona acreditou, conseguindo o recoñecemento na categoría ouro.
Destino SICTED
Xunto ao Quality coast, lembrou a directora de Turismo de Galicia, o municipio turístico de Baiona, “é un dos cinco destino adheridos ao Sistema Integral de Calidade Turística Española (SICTED) de Galicia”.
Por outra parte, no eido da calidade, Nava Castro referiuse tamén ás praias con bandeira azul. “Dúas das 123 praias con Bandeira Azul situadas na nosa comunidade están en Baiona: Os Frades e A Barbeira ”. A estes areais, continuou, “o porto deportivo de Baiona e o Monte Real Club de Yates de Baiona que son dous dos 19 portos con este distintivo de calidade ambiental”.
Para a directora de Turismo de Galicia, xunto ás praias e ás instalacións deportivas, “Galicia en xeral, e Baiona, en particular, posúen infinidade de recursos fundamentais para promover unha imaxe do destino Galicia baseada na multiexperiencia”.
O patrimonio cultural, o Parador de Turismo, a natureza, a enogastronomía ou as festas, como a Arribada da Carabela Pinta, son, segundo manifestou Nava Castro, “algún deses recursos que atraen aos visitantes ao longo do ano”.
Galicia, o bo camiño
Na súa intervención, a directora de Turismo de Galicia lembrou que Galicia presenta todos estes recursos a través de diferentes accións de promoción co slogan Galicia, o bo camiño”.
Segundo manifestou Nava Castro, “este novo spot de Baiona mostra toda a oferta turística da vila cun deseño actual e unha imaxe fresca e atractiva”.
Plan Integral de Turismo
Ao longo da súa intervención na presentación do novo spot turístico de Baiona, Nava Castro referiuse tamén ao Plan Integral de Turismo que “contempla como un dos retos para o turismo de Galicia o afianzamento dun sector competitivo, proactivo, innovador e coordinado, con visión internacional”.
De igual modo, concluíu, “unha das seis liñas estratéxicas nas que se divide o Plan Integral de Turismo de Galicia é a promoción e comercialización de Galicia como destino único baseado nun modelo a demanda”.
Vicepresidente Deputación de Pontevedra
Pola súa banda, o Vicepresidenputación de Pontevedra José Manuel Figueroa, falou da importancia de sectores como a pesca, a automoción ou a contrucción de barcos, como motores económicos da provincia, pero fixo especial énfase en destacar a importancia do turismo, e facendo referencia ao acto, indico que este era o camiño para un sector que actualmente e, segundo as súas palabras representa un 12% PIB. e ao que hai que coidar moito polo que representa como motor de emprego.