spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Parador Conde de Gondomar acollerá os actos oficiais de apertura da...

O Parador Conde de Gondomar acollerá os actos oficiais de apertura da XXII Festa da Arribada

XXVIII-Cume-Hispano-Portuguesa-Baiona

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudirá o venres ao 524 aniversario da chegada da Carabela A Pinta

O Parador Conde de Gondomar de Baiona acollerá este venres os actos oficiais de apertura da XXII Festa da Arribada coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O descubrimento da placa conmemorativa polo 40 aniversario da doazón da estatua ao capitán Martín Alonso Pinzón trasládanse ao sábado pola mañá no mesmo Paseo Pinzón, aínda que o propio venres xa haberá unha homenaxe.

O Concello de Baiona decidiu este martes que a apertura da Festa da Arribada celébrese finalmente no Parador para non deslucir o acto oficial debido as previsións meteorolóxicas. Desta forma, toda a programación marcada para a tarde do venres terá como escenario as instalacións do Parador.

Así, ás 17:45 horas, levarase a cabo a recepción de autoridades e convidados e ás 18:00 horas, no Salón Medieval, será o momento da homenaxe ao capitán da Carabela A Pinta no 40 aniversario da inauguración da escultura. Posteriormente, chegará a quenda de intervencións de autoridades, a ofrenda de Coroas e a interpretación de Himnos, para rematar cos disparos de salvas polos canóns da Fortaleza. A partir das sete da tarde, se servirá nas galerías do Parador, un viño galego de confraternidade cos pobos irmáns.

comillasO descubrimento da placa conmemorativa no 40 aniversario da estatua de Pinzón celebrarase o sábado

Xa o sábado, a partires das 11:00 horas no Paseo Pinzón será o momento para o descubrimento da placa conmemorativa do capitán da Carabela A Pinta coa actuación do Coro “Amigos de Milagros” de Palos de la Frontera. Ás 11:30 horas, no Paseo da Ribeira, haberá unha visita ás Paradas dos Pobos Irmáns: Palos de la Frontera, Santa Fe, Pornic, Vila do Bispo e Baiona, e ás 12:00 horas celebrarase o Gran Desfile Medieval polo Real Mercado coa participación de toda a animación da Festa da Arribada.

Conferencia dos Pobos Colombinos

Pero o primeiro acto da XXII Festa da Arribada será o xoves, no Monte Real Club de Yates, onde a profesora titular de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, Luisa Pazos Pazos, impartirá unha conferencia sobre os pobos colombinos co título “A presenza de Baiona en América, a través dos homes e mulleres que emprenderon a aventura americana”.

Por outra banda o venres, ás 12:00 horas, na Igrexa de Santa María de Baiona, haberá unha Misa Solemne cantada polo Coro “Amigos de Milagros” e acto seguido a Ofrenda de Coroas ante a Cruz de Evanxelización de América. Ás 13:00 horas, no Casal do Rexemento (Casa do Concello) será a inauguración da mostra “O calafate: un oficio de ribeira”, e seguidamente a homenaxe póstuma a Pilar Pulgar e Urbano Cortegano, exalcaldes de Palos de la Frontera.

- Publicidade -spot_img