spot_img
InicioO MorrazoMarínO obradoiro de Eva Fontoira será o encargado de restaurar "El Pórtico...

O obradoiro de Eva Fontoira será o encargado de restaurar “El Pórtico de la Gloria” de Villafinez

O obradoiro de Eva Fontoira será o encargado de restaurar o Pórtico da Gloria de Villafinez O cadro saíu hoxe do Museo Manuel Torres para pasar polo obradoiro de Eva Fontoira e revitalizar este patrimonio, que ten unha importancia aínda maior en pleno Xacobeo

A cultura e a arte é un dos eixes máis importantes do sostemento da nosa historia. O Concello de Marín quere seguir traballando para conservar todo o patrimonio cultural que ten no seu haber e especialmente neste ano, no que se celebra o Xacobeo, a Concellaría de Cultura anuncia que se restaurará un cadro de Villafinez, “El Pórtico de la Gloria”.

Estamos nun ano único, que se estenderá até 2022, e que pon a Galicia como un faro desde o que gozar da cultura, da historia e dunha tradición tan rica e arraigada e internacionalizada como é o Camiño de Santiago. O Pórtico da Gloria, ese lugar emblemático da catedral, foi retratado de xeito maxistral por Villafinez e por iso queremos darlle unha nova vida”, afirmou a concelleira Itziar Álvarez.

A restauradora Eva Fontoira, que xa foi a encargada de dirixir tamén a restauración do cadro de Torres recentemente, recibiu o cadro, que se atopaba no Museo Manuel Torres, e que agora pasará ao seu obradoiro, onde estará cerca dun mes en pleno proceso de revitalización.

O pintor Martínez Villafinez era natural de Marín e firmou este cadro en Santiago, no 1933. Ten un marco de moldura sinxela policromado en verde e marrón, cun fío dorado entremedias. Como o seu título indica, é unha representación do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, tema recurrente do autor e moi característico.

O estado de conservación do cadro non é excesivamente bo e tanto o lenzo como o marco en si precisan ser intervidos. A alteración máis evidente é a oxidación da capa de barniz, que crea unha atmosfera de bruma amarela que distorsiona a cor orixinal da obra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.