spot_img
InicioVal MiñorNigránO nigranés Alejandro Nande, campión de España de Doma Clásica Adaptada

O nigranés Alejandro Nande, campión de España de Doma Clásica Adaptada

O nigranés Alejandro Nande, campión de España de Doma Clásica AdaptadaO alcalde en funcións de Nigrán, Juan González, acudíu esta mañá ao Centro Ecuestre de Alto Rendemento Alejando Nande (Cearan) para felicitar persoalmente ao xinete, proclamado este fin de semana en Segovia campión de España de Doma Clásica Adaptada co seu cabalo ‘Poca Pena’ no grado V.

O nigranés, con só un 10% de visión, recibiu este ano na Gala do Deporte do Concello o premio na categoría ‘Ecuestre’ polo seu palmarés, que xa incluía Campión de España Paraecuestre no 2015 e prata no 2017 ou tercer posto no Concurso Internacional en Hartpury 2017 (este posto permitiulle ir ao Campionato de Europa celebrado en Suecia representando a España). Ademais, Concello e Alejandro Nande organizaron en maio en Porto do Molle o ‘I Concurso de Doma Clásica’, evento que se manterá anualmente.

“Temos a un veciño de Nigrán na élite do mundo ecuestre e nos sentimos moi orgullosos, polo que desexamos transmitirlle o noso apoio e os parabéns no nome de toda a veciñanza”, sinala González, quen comprometeu a súa axuda para buscarlle patrocinadores e avanzou unha nova partida orzamentaria nas bases de subvencións a entidades deportivas de 2020 para aqueles clubes ou persoas que compitan a nivel nacional, como é o caso.

A Doma Clásica, disciplina Olímpica

A  Doma Clásica é unha disciplina Olímpica baseada na harmonía entre xinete e cabalo a través da cal se realizan unha serie de movementos de gran dificultade que aparecen indicados seguindo un programa preestablecido nun texto chamado  reprise. Os movementos que o cabalo executa, aínda que son naturais para o cabalo, requiren grandes doses de adestramento e preparación do binomio. Os cabalos desprázanse lateralmente, viran sobre si mesmos, cambian de pé ao galope e executan aires de extrema dificultade e beleza como  Passage e  Piaffe entre outros, sempre observados polos Xuíces que lles puntúan dentro dunha pista de 20 m. x 60 m.

- Publicidade -spot_img