Inicio Pontevedra O naturópata vigués Javier Akerman abrirá o II Ciclo de Conferencias de...

O naturópata vigués Javier Akerman abrirá o II Ciclo de Conferencias de Saúde e Benestar de Baiona

o-naturopata-vigues-javier-akerman-abrira-o-ii-ciclo-de-conferencias-de-saude-e-benestar-de-baiona

O Parador acollerá este venres (19:00 h.) a charla inaugural dunhas xornadas que se prolongarán ata xuño.

O Concello de Baiona acolleu este luns a presentación da segunda edición do Ciclo de Conferencias de Saúde e Benestar que se celebrarán durante o primeiro semestre de 2017. A charla inaugural correrá a cargo do naturópata vigués Javier Akerman o próximo venres, 27 de xaneiro, no Parador de Turismo Conde de Gondomar.

O alcalde, Ángel Rodal, e as concelleiras Carmen Paredes e María Jesús Martíns presentaron no salón de plenos do Concello de Baiona o II Ciclo de Conferencias no que unha vez ao mes haberá unha cita con especialistas en medicinas complementarias.

“Xa foi un éxito o ano pasado e creemos que era moi importante desestacionalizar o evento para que todos os baioneses poidan acudir ás conferencias. Queremos traballar na prevención e na calidade de vida dos baioneses ”, apuntou Rodal.

o-naturopata-vigues-javier-akerman-abrira-o-ii-ciclo-de-conferencias-de-saude-e-benestar-de-baiona

A charla inaugural de Akerman versará sobre a “Conexión mente, cuerpo y emociones. La sanación interior con emociones específicias” e posteriormente será a quenda para a nutricionista baionesa Gloria Pérez, que o día 17 de febreiro, xa no Museo da Navegación, dará unha conferencia titulada “La medicina del amor para alcanzar el bienestar”.

As seguintes conferencias, todas elas no Auditorio do Museo da Navegación, serán o 17 de marzo (Moisé López), o 21 de abril (María Jesús Alfonso), o 26 de maio (Gerardo Miniño) e se pecharán o 16 de xuño (Roberto López).

Semana do Cancro

Ademais, a concelleira Carmen Paredes anunciou que o 3 de febreiro (20:00 horas) haberá outras dúas conferencias no Museo da Navegación co motivo da Semana do Cancro. Neste caso, serán impartidas polo médico Jorge Cameselle-Teijeiro, doutor en Medicina e Cirurxía e director do Grupo de Investigación en Oncología Clínica da Adicam (Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama) e Lidia Rojo de Dios, enxeñeira agrícola e directora da Aula Medioambiental.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies