Inicio Pontevedra O Museo Verbum de Vigo acollerá a II Xornada TurisTIC

O Museo Verbum de Vigo acollerá a II Xornada TurisTIC

A Deputación de Pontevedra organiza o vindeiro 10 de abril no Museo Verbum en Vigo a II Xornada TurisTIC, centrada no turismo intelixente. O foro acollerá ademais dúas iniciativas pioneiras de apoio ao sector turístico e tecnolóxico, o Desafío DESTinno e o Centro de Demostración de Solucións Tecnolóxicas

A Deputación de Pontevedra ten en marcha, como actividade programada e de interese xeral, a II Xornada TurisTIC “O Turismo Intelixente”. Será o vindeiro 10 de abril no museo Verbum de Vigo. Tras o éxito do primeiro foro TurisTIC, celebrado o ano pasado no Castelo de Soutomaior, agora vaise desenvolver esta nova xornada centrada no turismo intelixente. “Seguimos avanzando así con paso firme para converter a provincia de Pontevedra nun destino turístico intelixente”, explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A II Xornada Turistic será “un gran evento no que o obxectivo será promover a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre empresas do sector turístico, empresas tecnolóxicas e institucións públicas do noroeste peninsular (Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e o País Vasco)”. Para participar neste foro o prazo xa está aberto (ata completar aforo) é só é necesario cubrir o formulario dispoñible na páxina web de SmartPeme.

A través de relatorios e mesas redondas, na II Xornada Turistic as persoas asistentes analizarán as oportunidades e os desafíos para o sector turístico e a xestión de destinos intelixentes. Vanse desenvolver tres mesas redondas: “A gobernanza nos destinos turísticos intelixentes”, “A innovación aplicada á comercialización turística” e “A tecnoloxía. Presente e futuro do sector”. Nos relatorios abordarase a colaboración público-privado nos destinos turísticos intelixentes e a importancia dos datos para a xestión do destino, haberá un espazo para a exposición de exemplos de turismo intelixente na provincia de Pontevedra e haberá unha presentación de solucións innovadoras.

Desafío DESTinno

A presidenta provincial tamén adiantou que, dentro deste foro, enmárcanse dúas iniciativas moi relevantes de apoio ao tecido empresarial e á modernización do sector turístico. Trátase do primeiro Desafío DESTinno e do Centro de Demostración de Solucións Tecnolóxicas. “Impulsamos, en colaboración con Zona Franca de Vigo, un hackathon para desenvolver solucións innovadoras con ferramentas de creacións de aplicacións”, expuxo Silva, quen engadiu que a proposta gañadora recibirá 3.000 euros en metálico, entre outros galardóns. O Desafío DESTinno busca aproveitar o talento da provincia para crear solucións innovadoras relacionadas cos eixos dos destinos turísticos intelixentes (gobernanza, innovación, tecnoloxía, accesibilidade e sustentabilidade). O desafío consiste en crear unha solución innovadora empregando ferramentas de creación de aplicacións. Para participar no Desafío DESTinno hai que cubrir un formulario que estará dispoñible na sección de SmartPeme na web da Deputación ou chamando por teléfono ás oficinas da rede Sm

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies