Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán inaugura a mostra 'Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda...

Nigrán inaugura a mostra ‘Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia’

Unha anciá labrega, Santa Eulalia de Camos. Nigrán 1926

A mostra inaugurada hoxe no Auditirio de Nigrán ‘Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia’ leva o reto de identificar a campesina de Camos que ela fotografou.

O Concello de Nigrán inaugurou a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia», un proxecto que é posible grazas á colaboración entre o Concello de Nigrán, ABANCA e Afundación. Ao acto, que incluíu unha visita guiada, acudíu o alcalde, Juan González Pérez; o director Territorial de ABANCA, Walter Álvarez; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores Fernández.

O Concello inaugura esta mostra, que permanecerá aberta ata o 31 de marzo, co reto de identificar unha das fotos máis señeiras tomadas por Ruth Matilda Anderson en Galicia e a única coñecida de Nigrán: unha anciá labrega de Camos fotografada o 11 de marzo de 1926 e da que non se dispoñen de máis datos. “Facemos un chamamento aos veciños de Camos para que indaguen entre as súas familias para ver se conseguimos poñerlle nome a esta muller”, sinalou o alcalde, quen recordou que, precisamente, a exposición supón o inicio dos actos do Concello de Nigrán polo 8-M.

Nigrán 'Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson' - Raias secando ao sol -Baiona 1926
Raias secando al sol. Baiona 11 de marzo 1926

Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. Nesta mostra préstase especial atención á comarca con imaxes de Baiona ou  Vigo. A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata 31 de marzo, de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 h e xoves, venres e sábados, de 17.00 a 20.00 h.

Apeiros de pesca. Baiona 11 de marzo de 1926

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Ruth Matilda Andersen e o seu pai. Lugo 26 de xaneiro 1925
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies