Inicio Vigo e área Vigo O Museo do Mar de Galicia retoma a súa actividade coa mostra...

O Museo do Mar de Galicia retoma a súa actividade coa mostra ‘Blanquísima su presencia’ de Nelson Villalobos

O Museo do Mar de Galicia retoma a súa actividade coa mostra 'Blanquísima su presencia' de Nelson VillalobosO conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, visitaron hoxe a mostra Blanquísima su presencia, do pintor, debuxante, escultor e serígrafo Nelson Villalobos, instalada no Museo do Mar de Galicia.

A exposición que permanecerá aberta ao público desde mañá e ata o 29 de xuño, conta con 62 obras do artista, pertencente á chamada Xeración dos 80 en Cuba. Divídese en dúas áreas diferenciadas, a primeira delas composta por 14 pezas recentes en gran formato, a meirande parte delas dedicadas á nai do autor, e unha segunda parte, cun total de 48 obras de menor tamaño que constitúen unha retrospectiva da súa traxectoria.

A mostra conta cunha peza única creada polo artista durante o confinamento que se poderá visitar por vez primeira nesta ocasión. A historia deste cadro remóntase meses atrás, cando o artista estaba preparando unha exposición no Museo do Mar de Galicia centrada na relación entre Galicia e Cuba, un proxecto que se viu interrompido debido á crise sanitaria. Precisamente, este novo cadro interpreta a relación entre Galicia, Cuba, Vigo e A Habana e representa algúns símbolos destes territorios como o Apóstolo Santiago, as Illas Cíes, o Malecón ou a Catedral da Habana.

Aforo a un terzo e sen visitas de grupos

A exposición poderá visitarse con todas as garantías de seguridade recollidas no protocolo da Xunta para a reactivación da actividade nos arquivos, museos e bibliotecas de titularidade autonómica aprobado o pasado 18 de maio no Centro de Coordinación Operativa (Cecop). Así pois, os centros abriron inicialmente a un terzo da súa capacidade en cada un dos espazos e salas sen que o público puidese tocar ningún elemento museográfico. Ademais, as visitas realízanse de xeito individual, permitindo unidades familiares ou de convivencia, pero non a reserva de grupos.

Os vixilantes de sala contribuirán á fluidez da visita e lembrarán ás persoas visitantes a necesidade de cumprir as pautas establecidas, tanto nas zonas de circulación como nas salas de visita e os visitantes deberán atender ás súas indicacións.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies