·Publicidade ·spot_img
InicioPontevedra e prov.PontevedraO Museo de Pontevedra sumase como entidade piloto de analise a un...

O Museo de Pontevedra sumase como entidade piloto de analise a un proxecto europeo sobre turismo cultural

O Museo de Pontevedra sumase como entidade piloto de analise a un proxecto europeo sobre turismo culturalO Museo de Pontevedra entrou a formar parte de IMPACTOUR, un proxecto financiado con fondos do Programa de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Comisión Europea, que ten como obxectivo estudar o impacto do turismo cultural no crecemento económico rexional da UE.

Esta institución museística súmase, a través de Cultura Viajes/ FSMLR que coordina a participación española, como sitio piloto aos restantes socios de nove países europeos que colaboran nel e que proporcionarán unha variedade de datos sobre fluxos de visitantes, bens culturais, provisións de infraestruturas e indicadores económicos e sociais, que axudarán a definir, construír e, eventualmente, probar as novas ferramentas IMPACTOUR para a xestión de destinos.

José Manuel Rey destacou a visibilidade e proxección internacional que supón para esta institución estar vinculado a IMPACTOUR

“Vincularnos con este proxecto supón para nós obter máis visibilidade e proxección internacional xa que nel participan organizacións de distintos estados membros da UE que dispoñen de experiencia e coñecemento experto do patrimonio e do turismo cultural”, subliñou o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.

Esta iniciativa, que botou a andar en xaneiro de 2020 e que se prolongará ata xuño de 2023, desenvolverá, pois, unha metodoloxía avanzada e adaptable combinando algoritmos de análise de datos con enfoques de aprendizaxe automático e intelixencia artificial, coa finalidade de conseguir mellorar as políticas e accións en turismo cultural.

“Dada a importancia que ten este museo en Galicia e a súa condición de receptor de turismo cultural, o interese por configurarnos como un sitio piloto recae en que as ferramentas que se empreguen para este proxecto vanse testar no museo, o que nos servirá para identificar puntos fortes e outros elementos a destacar con perspectiva de futuro”, apuntou Rey.

Esta investigación ten como punto de partida a premisa de que o turismo cultural é un factor de crecemento económico e unha ponte entre as diferentes culturas no desenvolvemento das rexións europeas, feito que fai necesario un estudo sobre os o seu impacto e unha avaliación das estratexias transfronteirizas empregadas para alcanzar o desenvolvemento sostible adecuado.

Impactour

IMPACTOUR está conformado por un consorcio de doce socios de nove países europeos. En España, Cultur Viajes, a axencia da Fundación Santa María la Real especializada en turismo cultural, é a responsable de coordinar os destinos piloto do noso país. O Museo de Pontevedra súmase ao estudo xunto ao Románico palentino, representado polo Concello de Aguilar de Campoo, e ao Camiño de Santiago, que representa a propia Fundación Santa María la Real.

O vindeiro venres 23 de xullo, o Museo de Pontevedra participará nun world café que terá lugar en Aguilar de Campoo xunto co resto dos sitios piloto españois que integran este proxecto. A intención deste encontro de traballo é favorecer un primeiro intercambio de experiencias ao que tamén asistirán algúns dos stakeholders colaboradores, como é o caso de Turismo Rías Baixas, que acompañará ao Museo de Pontevedra. O world café rematará cunha conexión telemática cos outros sitios pilotos europeos.

Máis información en https://www.impactour.eu/

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies