spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraO Museo de Pontevedra incorpórase á guía de Codart, que recolle as...

O Museo de Pontevedra incorpórase á guía de Codart, que recolle as máis importantes coleccións de pintura holandesa e flamenca dos séculos XVI e XVII

o-museo-de-pontevedra-incorporase-a-guia-de-codart-que-recolle-as-mais-importantes-coleccions-de-pintura-holandesa-e-flamenca-dos-seculos-xvi-e-xviiO Museo de Pontevedra vén de incorporarse á guía web de CODART, un proxecto liderado desde os Países Baixos que recolle as máis importantes coleccións de pintura holandesa e flamenca dos séculos XVI e XVII. 

Revista Cousas de nº21

A información sobre o Museo de Pontevedra pode consultarse nesta ligazón na que se recolle que alberga 35 pinturas flamencas e holandesas, con paneis e lenzos que presentan paisaxes, naturezas mortas, retratos e temas relixiosos.

Ademais de copias de Pieter Bruegel o Vello e de Rogier Van Der Weyden, o Museo posúe un pequeno díptico de Adrien  Isenbrandt, así como o cadro ‘O tributo ao César’ (1583) de Michiel Coxcie e copias de dous cartóns para tapices de Rubens realizados en 1673 por David Teniers III. Ademais hai dúas guirlandas de Daniel Seghers e unha escena interior asinada conxuntamente polo pintor flamenco David Ryckaert III e o artista holandés Harmen Steenwyck.

Tamén forman parte da colección do Museo algunhaas obras anónimas de mestres holandeses, así como naturezas mortas de Willem Kalf e de seguidores de Jan Davidsz de Heem e Frans Snyders. Especialmente notables son os cadros ‘Escena de aves’ (1681) de Melchior de Hondecoeter e ‘Bodegón de flores con lirio azul e animais’ (1669) de Matthias Withoos.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

CODART conecta máis de 600 curadores de arte de máis de 300 museos de case 50 países do mundo. Os seus integrantes traballan en institucións tan prestixiosas como o Rijksmuseum de Ámsterdam, o Koninklijk Museum voor Schone Kunsten de Amberes, o Museo do Prado en Madrid, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, o Museo do Louvre de París ou o Hermitage de San Petersburgo. Ademais tamén integra a persoas vinculadas con museos de Australia, Cuba, México, Polonia e Ucraína.

- Publicidade -spot_img