spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Museo Arqueolóxico de Santa Trega e o Museo do Mar da...

O Museo Arqueolóxico de Santa Trega e o Museo do Mar da Guarda reabren as súas portas

Coa entrada do mes de xullo estase procedendo a apertura de varios servizos e infraestruturas turísticas como o Museo Arqueolóxico de Santa Trega e o Museo do Mar.

Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT)

Día Internacional dos Museos. Unha oportunidade para coñecer outra das experiencias que ofrecen as Rías Baixas
Masat A Guarda

O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular a Sociedade pro Monte compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da Guarda. Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas, de moedas romanas, de obxectos cerámicos, vidro… e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente.

O horario de apertura é de martes a domingo de 9.00h e 20.30h nos meses de xullo e agosto.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Museo do Mar da Guarda xa forma parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

Museo do Mar

O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.

Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.

Tasas de acceso:

  • 1 € adulto
  • 0,50 € menores de 14 anos
  • Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).

O horario de verán ata o 15 setembro, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.