spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Multiusos do Mercado de Sabarís acolleu a 2° edición da Feira...

O Multiusos do Mercado de Sabarís acolleu a 2° edición da Feira de Ciencia ” Val Miñor é Ciencia”

o-multiusos-do-mercado-de-sabaris-acolleu-a-2-edicion-da-feira-de-ciencia-val-minor-e-cienciaHai unhas semanas tivo lugar no Multiusos do Mercado de Sabarís a 2° edición da Feira de Ciencia ” Val Miñor é Ciencia”, que foi visitada pola Concelleira de Educación,Nuria Leyenda, o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar e o Concelleiro de Urbanismo, José Ángel Bahamonde.

Revista Cousas de nº21

A feira recolle unha serie de actividades encamiñadas á divulgación da Ciencia,con especial atención ao alumnado dos Centros Educativos da contorna e a público adulto.

O evento foi organizado polos Centros Educativos IES Primeiro de Marzo (Baiona) e IES Val Miñor (Nigrán) coa colaboración dos Concellos de Baiona e Nigrán.

Pola mañá 236 alumnos e alumnas procedentes dos Centros CEP Sabarís, CEIP Plurilingüe de Belesar, CPI Cova Terreña, IES

Primeiro de Marzo, CEIP Humberto Juanes, CEIP A Cruz de Camos e IES Val Miñor visitaron os stands da feira onde o alumnado do Club de Ciencia e do STEMbach do IES Primeiro de Marzo ofreceulles unha escolma de experimentos e proxectos representativos que se están a levar a cabo no Centro.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Pola tarde, abriuse a exposición as familias, repetiuse a exhibición de experimentos por parte do alumnado e a partir das 18:00 horas procedeuse a exposición dos proxectos STEMbach do Val Miñor.

Por último as 20:00 horas, tivo lugar a conferencia por parte de Fernando Valladares co titulo “Ciencia e activismo, o reto da Xuventude ante o cambio global”.

- Publicidade -spot_img