spot_img
InicioBaixo MiñoOia, sede do Primeiro Campionato Galego de Parapente Precisión

Oia, sede do Primeiro Campionato Galego de Parapente Precisión

oia-sede-do-primeiro-campionato-galego-de-parapente-precisionOia acolleu a pasada fin de semana o I Campionato Galego de Parapente Precisión, organizado polo Club Planeamos co apoio da Federación Galega de Aeronáutica (FAG) e a colaboración do Concello.

Revista Cousas de nº21

A competición desenvolveuse co obxectivo de promover, promocionar e incentivar o voo libre en parapente e estivo dirixida a pilotos licenciados pola Federación. Contou con dúas categorías de voo monopraza, unha xeral e outra feminina.

As persoas participantes despegaron desde o alto da montaña, na zona noroeste, e dirixíronse cara a diana situada na Estrada Vella, preto do Mosteiro de Oia, nunha contorna de beleza incomparable.

A competición contou con altas doses de emoción, así como de amplas demostracións de destreza e habilidade por parte dos e das pilotos en liza. Neste sentido, cabe destacar a exactitude á hora de calcular a caída, procurando aterrar xusto no punto onde estaba a diana. De feito, a precisión na aterraxe foi o factor determinante na avaliación de cada un dos voos.

Así as cousas, a clasificación quedou do seguinte xeito:

XERAL:

1.-Xulio Villarino (Club Parapente Ferrol).

2.-Diego Jalda (Club Parapente La Térmica).

3.-Diego Pimentel (Club Nortada).

FEMININA:

1.-Vanessa Feal (Club Parapente Ferrol).

2.-Mela Rodríguez (Club Parapente Ferrol).

A entrega de trofeos contou coa presenza do presidente da FAG, Miguel González, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e o concelleiro de Deportes, Modesto Pereira.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Na súa primeira edición, a actividade contou con moi boa acollida de participantes e tamén de público, que puido observar as habilidosas manobras dos deportistas e gozar da paisaxe oiense, dominada polo contraste entre o mar e a montaña. O Concello agarda que esta competición se consolide no calendario anual e que Oia siga a ser un destino referente nesta práctica deportiva.

- Publicidade -spot_img