spot_img
InicioVal MiñorBaionaO MRCY prepárase para a saída da Baiona Angra Atlantic Race cunha...

O MRCY prepárase para a saída da Baiona Angra Atlantic Race cunha xornada de seguridade no mar

o-mrcy-preparase-para-a-saida-da-baiona-angra-atlantic-race-cunha-xornada-de-seguridade-no-mar

Celebrarase o vindeiro xoves 30 de xuño e incluirá a presentación ao público da regata Baiona Angra Atlantic Race que partirá o domingo rumbo a Azores

O Monte Real Club de Yates ultima estes días todos os detalles para a celebración do que será, sen dúbida, un dos seus eventos deportivos máis importantes deste 2016, a regata oceánica Baiona Angra Atlantic Race, que partirá o vindeiro domingo da vila mariñeira galega rumbo ao arquipélago de Azores.

comillasO club náutico baionés organiza todo un día de charlas, debates e exercicios prácticos de rescate nos que participará o helicóptero de salvamento Pesca 1

A competición será presentada oficialmente o vindeiro xoves día 30 no marco dunhas xornadas de seguridade no mar que o club baionés organiza en colaboración con o-mrcy-preparase-para-a-saida-da-baiona-angra-atlantic-race-cunha-xornada-de-seguridade-no-marGardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo, Inaer e Viking para formar ás tripulacións que participarán na regata.

Os encargados de inaugurar as intervencións, a partir das dez e media da mañá, serán o presidente do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez, que ofrecerá todos os detalles da Baiona Angra Atlantic Race; e o Xefe do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo, José María Suárez Chairos, que presentará o programa da xornada.

 

A continuación, o rescatador do Servizo Aéreo de Rescate (SAR), José Luis Iglesias Durán, e o comandante instrutor do Pesca 1, Álvaro Espello Saavedra, impartirán unha charla sobre exemplos prácticos de rescate. Falarán da súa experiencia laboral como membros dun equipo de salvamento e explicarán como hai que actuar en caso de perigo no mar. Ao finalizar abrirase un coloquio cos asistentes, que poderán expor as súas dúbidas sobre temas de seguridade e rescate.

comillasGardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo, Inaer e Viking colaboran nunha xornada na que se poderá visitar unha exposición de material de seguridade

Tras as sesións teóricas da mañá, a xornada de seguridade da Baiona Angra Atlantic Race continuará pola tarde coa parte práctica, que incluirá a participación do helicóptero de salvamento Pesca 1. Na baía de Baiona faranse simulacións de rescates de tripulantes desde un barco ao helicóptero, desde unha balsa ao helicóptero e desde o mar ao helicóptero. Realizaranse tamén prácticas con balsas salvavidas, botes de fume, bengalas de man e foguetes con paracaídas. Ao longo de todo o día, a terraza do Monte Real Club de Yates albergará, ademais, unha exposición de material de rescate.

Para a xornada de seguridade hai días que se completou o aforamento. Participarán nela un total de 60 persoas, principalmente regatistas da Baiona Angra Atlantic Race, pero o público que o desexe poderá ver as manobras de rescate que se realicen pola tarde no mar desde as zonas que rodean á baía de Baiona.

 

- Publicidade -spot_img