Inicio Val Miñor Nigrán A VI travesía a nado Costa Serena-Nigrán baterá o seu récord de...

A VI travesía a nado Costa Serena-Nigrán baterá o seu récord de participación con preto de 500 nadadores

Nigrán Travesía Costa Serena

A competición, que se celebrará o 10 de xullo en Praia América, constará de dous percorridos de 4.000 e 800 metros, e dúas probas de curta distancia para nenos de 50 e 150 metros. As inscricións están abertas ata o 4 de xullo

A VI edición da travesía a nado Costa Serena-Nigrán reunirá a preto de 500 nadadores inscritos entre as catro probas que se disputarán e consolídase como unha das travesías de longa distancia por excelencia de Galicia e con maior afluencia de nadadores da Comunidade Autónoma. A travesía terá lugar o vindeiro domingo 10 de xullo en Praia América e contará coa presenza de nadadores procedentes de todo o Noroeste peninsular e Portugal con idades comprendidas entre os 5 e os 70 anos.

comillasEntre os participantes previstos figuran o triatleta Fernando Alarza, que acudirá á proba como preparación para as próximas citas das Series Mundiais e os Xogos Olímpicos de Río, e outros deportistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, acompañados polo seu adestrador Omar González.

Entre os nadadores que está previsto que participen figuran o triatleta Fernando Alarza, que acudirá á proba como preparación para as próximas citas das Series Mundiais e os Xogos Olímpicos de Río, e outros deportistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, como Antonio Serrat, Luís Miguel Velázquez, Carlos Brión, Camila Alonso, Joselyn Brea e Francisco Fernández Moldes, entre outros, acompañados polo seu adestrador Omar González.

Cartel Costa Serena 2016 (Copiar)A travesía constará de dous percorridos, que serán cronometrados por chip. O percorrido longo, no que se prevé unha gran participación con máis de 300 nadadores, consistirá nun triángulo de 4 quilómetros con saída e chegada na canle central de embarcacións. Os nadadores deberán bordear a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.

O percorrido curto, cunha distancia de 800 metros, disputarase en paralelo á costa, o que abrirá a participación a bañistas, curiosos e afeccionados á práctica deste deporte. A saída e chegada será nos mesmos puntos que a proba longa.

A competición de 4.000 metros comezará ás 11:30 horas, mentres que a de 800 metros arrincará ás 11:45 horas. No mar, colocaranse aboias de sinalización do percorrido para facilitar a orientación dos nadadores, así como embarcacións de Protección Civil, kaiaks e paddle surf.

Ademais, celebraranse dúas probas de curta distancia para nenos entre 5 e 13 anos, que se disputarán moi preto da beira. Haberá un percorrido de 50 metros (5 e 8 anos) e de 150 (9 a 13 anos). Estas probas comezarán ás 13:00 horas (50 metros) e 13:30 horas (150 metros).

Colaboración co Banco de Alimentos de Vigo

Este ano, a organización da proba colabora co Banco de Alimentos de Vigo. Todos os nadadores que queiran colaborar poderán entregar produtos non perecedoiros cando recollan a bolsa en Marina Estelas Panxón (entre as 09:00 e as 11:00 horas), que serán entregados a distintas Ong.

Retos de superación
Nesta edición, contarase coa participación de dúas persoas que son un exemplo de superación persoal. Por unha banda, o lalinense Álex Ferradás, que sofre unha lesión medular, repetirá por segundo ano consecutivo a súa participación na proba de 4.000 metros, que tentará completala a costas. Ademais, o mozo Ionan Inchusta, de 10 anos que naceu con síndrome de Down e síndrome de West e que apenas ve, nadará fóra de competición a distancia que separa o faro da beira (1.300 metros aproximadamente) acompañado polo seu adestrador, Peio Ormazábal, e varias embarcacións de apoio.

Máis premios

Na proba de 800 metros, entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina. Na de 4.000 metros, este ano, como novidade, ampliouse o número de categorías para repartir máis premios entre os nadadores desta carreira. Ademais dos trofeos que se entregarán aos tres primeiros clasificados absolutos (masculina e feminina) establecéronse 12 categorías por idades. Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán unha medalla. Os nenos que participarán nas probas de 50 e 150 metros recibirán unha medalla. Tamén se entregarán trofeos especiais ao nadador máis novo e de máis idade.

Inscricións
A zona de concentración dos nadadores será na Marinas Estelas Panxón, á beira das instalacións deportivas Dunas Gaifar, a partir das 09:00 horas.

Aqueles interesados en participar na travesía poderán realizar as inscricións na páxina web de Champion Chip Norte (https: www.championchipnorte.com) ata o 4 de xullo (incluído).

O prezo da inscrición da proba de 4.000 metros é de 19 euros e de 17 euros para a de 800 metros e inclúe: participación na travesía, camiseta conmemorativa, gorro, cronometraxe electrónica, avituallamiento, seguro de responsabilidade civil, asistencia médica, trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría das dúas probas e medallas aos tres primeiros clasificados nas 12 categorías na proba de 4.000 metros e participación no sorteo de material deportivo.

As probas dos nenos teñen un custo de 10 euros e inclúe: camiseta, gorro, avituallamiento, asistencia médica, seguro de responsabilidade civil, medallas para todos os participantes e un xeado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies