Inicio Val Miñor Baiona O MRCY de Baiona anuncia o aprazamento do Trofeo Repsol

O MRCY de Baiona anuncia o aprazamento do Trofeo Repsol

O MRCY de Baiona anuncia o aprazamento do Trofeo RepsolO Monte Real Club de Yates decidiu aprazar a unha data aínda por determinar o Trofeo Repsol – Regata de Primavera que se ía a disputar entre o 1 e o 3 de maio.

O aprazamento vén motivado pola situación xurdida por mor da crise sanitaria do Covid-19 e como consecuencia das restricións derivadas do Estado de Alarma, publicadas no Real Decreto 463/2020.

O artigo 10.3 do citado Real Decreto prohibe todo tipo de actividades deportivas e de lecer como «probas e exhibicións náuticas», que inclúe todas as actividades referentes a regatas ou probas e exhibicións náuticas mentres dure o Estado de Alarma.

Desde o Monte Real Club de Yates lamentamos enormemente esta situación pero entendemos que é responsabilidade do club cumprir coas restricións ditadas polas autoridades para facer fronte a este problema de saúde mundial.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies