spot_img
InicioVigo e áreaMosMos forma ao seu persoal de limpeza sobre a metodoloxía especial a...

Mos forma ao seu persoal de limpeza sobre a metodoloxía especial a poñer en práctica nas instalacións municipais pola crise do COVID-19

Mos forma ao seu persoal de limpeza sobre a metodoloxía especial a poñer en práctica nas instalacións municipais pola crise do COVID-19Esta mañá 11 membros do persoal de limpeza do Concello de Mos recibiron unha formación presencial no salón de actos da Axencia de Colocación sobre como terán que actuar para a realización do seu traballo a partir de agora. 

Durante a formación entregóuselles tamén unha guía de boas prácticas para aplicar no traballo e outra de medidas preventivas xerais para garantir a separación entre traballadores.

A formación presencial hoxe impartida ao persoal de limpeza de instalacións municipais versou sobre diferentes puntos como as medidas de hixiene persoal a ter en conta durante a actual situación de crise sanitaria do COVID-19, a metodoloxía a seguir para a limpeza e desinfección de obxectos, que produtos de limpeza deben ser empregados,
EPIS (Equipos de Protección Individual Sanitaria) necesarios e imprescindibles para cada traballador/a, listaxe dos lugares onde se debe prestar maior atención na limpeza das instalacións e resolución das dúbidas e preguntas máis frecuentes que soen surxir respecto das tarefas e labores de limpeza e desinfección nesta situación excepcional que se está a vivir.

Ademais esta semana comezaron xa os preparativos de cara a organizar as instalacións e o persoal municipal para que o día 11 de maio poida comezar a reanudarse a atención ao público. E o vinderio xoves 23 de abril celebrarase unha reunión cos sindicatos, a Mesa Sindical presidida pola alcaldesa, Nidia Arévalo.

Iniciáronse os devanditos preparativos en primeiro lugar coa desinfección das instalacións municipais, realizada durante as xornadas de onte luns e hoxe martes, e que está a ser levada a cabo por persoal do Servizo Municipal de Emerxencias, encargado da ionización das mesmas con cañóns de ozono.

Ademais estase poñendo en marcha unha reestructuración da plantilla municipal nos casos nos que resulte necesario. Por exemplo o persoal municipal de limpeza e conserxes destinados aos centros educativos do municipio que agora se atopan pechados e sen actividade destínanse a outras labores. Os conserxes levan xa semana incorporados realizando tarefas de exterior como limpezas e desinfeccións de fontes, marquesinas, exteriores de locais comerciais… etc.; e o persoal de limpeza incorpórase agora a dous tipos de labores: por unha banda á limpeza exterior e desinfeccións e por outra de reforzo ao Servizo Municipal de Emerxencias realizando tarefas como, entre outras, a esterilización e embolsado de mascarillas, etc.

No que á reestructuración laboral se refire, serán necesarias estas próximas semanas de preparación: de formación e información ao persoal municipal que vai a ser chamado individualmente, traballador/a por traballador/a, pola Técnico de Persoal, que lles explicará todo o que teñen que facer para que cada un saiba as condicións coas que vai a atoparse no seu posto no momento da reincorporación.

Ademais desde o departamento municipal de Persoal fíxose un desglose pormenorizado de todas as necesidades a realizar a partir de agora en todas as instalacións municipais e de como se vai a desenvolver cada departamento: Concello (Intervención, Secretaría, Persoal, Rexistro, Alcaldía), Biblioteca, Edificio de Urbanismo e Servizos Sociais,  Instalacións Deportivas, Axencia de Colocación, Policía Local, Dependencias do Servizo Municipal de Emerxencias, Multiusos das Pozas (Educación, Participación Cidadá e Cultura), Persoal de Servizos e Vías e Obras, Persoal de limpeza, etc.

Por outra banda o departamento de Persoal deseñou tamén dous protocolos de reparto dos  Equipos de Protección Individual: por un lado os do persoal de limpeza e obras, e por outro lado o do persoal de oficinas. Cada un ten un protocolo a seguir que está perfectamente organizado polo departamento de Persoal.

Respecto da reapertura de instalacións municipais ao público tamén se establecerá para os/as traballadores/as unha xornada flexibe e a turnos a partir do 11 de maio. Os/as traballadores/as acudirán ao seu posto en diferentes horarios e con flexibilidade. Ademais organizarase un servizo de atención ao público con cita, é dicir, que as persoas que precisen dirixirse ao Concello para calquera xestión en calquera departamento municipal terán que facelo tras concertar previamente, e vía telefónica, unha cita.

Por último, anunciar que durantes estas próximas semanas previas á reapertura ao público as instalacións municipais serán obxecto de cambios como: a instalación de grifos con sensor nos baños, a colocación de dispensadores automáticos de gel hidroalcohólico desinfectante para mans, mamparas protectoras nos mostradores, mesas e ventanillas de atención ao público, alfombras desinfectantes para as entradas de todas as instalacións municipais, etc.; para garantir a máxima seguridade sanitaria tanto de traballadores/as como de veciños/as.

- Publicidade -spot_img