Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán entrega mascarillas especiais para persoas sordas elaboradas polo grupo de voluntarios...

Nigrán entrega mascarillas especiais para persoas sordas elaboradas polo grupo de voluntarios do Val Miñor #YOMEPONGOACOSER

Nigrán entrega mascarillas especiais para persoas sordas elaboradas polo grupo de voluntarios do Val Miñor #YOMEPONGOACOSERA diferencia radica en que a parte correspondente á boca é de plástico transparente, polo que permite que as persoas xordas lean os beizos e se comuniquen

O Concello de Nigrán iniciou hoxe o reparto de mascarillas especiais para que as persoas xordas se poidan comunicar mediante a lectura dos beizos, xa que, como particularidade, a parte correspondente a esa zona é de plástico transparente. Todas elas foron elaboradas artesanalmente polo grupo de 18 voluntarios e modistas da comarca #YoMePongoACoser, pioneiros na Val Miñor nesta iniciativa altruísta e aos que o Concello subministrou o plástico que permitiu confeccionar estas primeiras 30 unidades. O consistorio xa adquiríu unha nova remesa de plástico e os voluntarios irán entregando máis mascarillas a medida que vaian facendo.

Ao longo da semana o Concello irá facilitando as primeiras 30 entre a comunidade xorda de Nigrán para que eles as distribúan entre os contactos que consideren máis necesarios. Tamén se achegarán aos centros de saúde e tendas do municipio

“O grupo #YoMePongoACoser comentounos esta idea porque coñecen o noso programa municipal ‘Un Nigrán para todos’ que busca a plena inclusión mediante diferentes fórmulas, como as mochilas vibratorias para que as persoas xordas gocen dos concertos, e por suposto que nos pareceu totalmente acertada a proposta. Aínda que non están homologadas porque se fabrican artesanalmente, permiten romper a barreira lingüística con eles evitando ao mesmo tempo a propagación do virus”, explica o alcalde, Juan González, quen esta mañá entregou as primeiras entre persoas xordas do municipio. “A idea é que sexan precisamente elas as que as faciliten ás persoas con que manteñen contacto e coas que precisan comunicarse de xeito seguro, pode ser un familiar ou un dependente dun establecemento, etc, o que consideren”, incide o rexedor, quen subliña que desde o Concello tamén se farán chegar ao centro de Saúde de Panxón e ao da Xunqueira, este último centro de referencia do coronavirus na comarca.

“Seguiremos traballando en todas aquelas iniciativas que permitan que o coronavirus non cree unha doble barreira cos colectivos con discapacidade, o programa ‘Un Nigrán para todos’ segue especialmente vixente nesta situación e por iso apostamos por estas mascarillas”, conclúe o rexedor.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies