Inicio Val Miñor Baiona O Monte Real organiza este xoves en Baiona o IV Seminario sobre...

O Monte Real organiza este xoves en Baiona o IV Seminario sobre Vela Adaptada

O Monte Real Club de Yates organiza mañá xoves en Baiona da man de Baiventura Galicia, o IV Seminario sobre didáctica de vela adaptada, unha iniciativa destinada a ofrecer formación teórico-práctica especializada a futuros técnicos deportivos de Galicia e Portugal.

Varios adestradores do club baionés serán os encargados de impartir un seminario que incluirá sesións teórico-prácticas desde as dez e media da mañá ata as seis da tarde. Nelas participarán medio centenar de alumnos do I.E.S. Terra de Turonio (Gondomar – Pontevedra), o I.E.S. Porto do Son (A Coruña), o I. P.V. C. Viana do Castelo (Portugal) e ASEM Galicia.

Nas exposicións, mesas redondas e bautismos de mar abordaranse cuestións como a importancia de adaptar os ensinos ás necesidades do usuario con diversidade funcional, a necesidade de adaptación das infraestruturas e elementos deportivos ou o uso de recursos didácticos específicos. E todo baixo o prisma da Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, que desde o ano 2012 ofrece a persoas con diversidade funcional a posibilidade de aprender e practicar #ver en igualdade de condicións.

Durante o últimos seis anos, máis de 300 alumnos con discapacidades físicas, psicosociais, cognitivas e sensoriais navegaron nos barcos adaptados do club grazas aos cursos de vela inclusivos que o Monte Real ha organizado co apoio de Fundación Repsol e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Deporte Galego.

Mellorar o nivel físico e emocional das persoas con discapacidade, aumentar a súa autoestima, incentivar as relacións entre compañeiros, xerarlles motivación e que gocen en contacto directo coa natureza, achegándoos ao mar, son os principais beneficios que se conseguen coas actividades de vela adaptada.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies