Inicio Pontevedra Condado Paradanta Arbo acollerá un encontro cos mellores bloggers gastronómicos e turísticos de Galicia

Arbo acollerá un encontro cos mellores bloggers gastronómicos e turísticos de Galicia

Arbo acollerá un encontro cos mellores bloggers gastronómicos e turísticos de Galicia para promocionar o viño, a lamprea e a LIX Festa da Lamprea

Coincidindo coas actividades que o  Concello de Arbo, organiza para promover os Sabores únicos e emblemáticos como son o viño e a  lamprea e a súa festa por excelencia a Festa da  Lamprea,  que este ano cumpre a súa 59 edición que terá lugar os días 26, 27 e 28  de abril de 2019,  Arbo será o  escenerario esta próxima fin de semana do encontro de  bloggers #SaboresdeArbo. Por primeira vez, os  blogueros gastronómicos e de viaxes con miles de seguidores na internet e redes sociais visitarán a “capital mundial da  lamprea”. O evento, impulsado polo  Concello de Arbo, pretende ser un referente neste universo dixital e no sector turístico de Galicia. O impacto en redes sociais aspira alcanzar estes días miles de interaccións.

O programa de actividades arrinca o sábado co recibimento dos participantes no Centro de Interpretación do Viño e a  Lamprea (Museo  Arabo) e a posterior baixada á Praia Fluvial da Estación para ver o evento que todos os anos organiza a  Ilma Irmandade dos  Cabaleiros da  Lamprea. Ao mediodía degustarán  Lamprea e gozarán dunha copiosa comida nun dos restaurantes da vila onde a súa cociñeira explicaralle algúns segredos da preparación da  Lamprea nos seus distintos estilos. Xa no Museo Arabo, participarán  nunha cata de viños da adegas de Arbo, da man dun enólogo especializado na materia, a este acto asistirán representantes das adegas de Arbo,  ademáis visitarán o  Arabo e gozaran da Exposición da Festa da  Lamprea. 

O domingo empezarán o día coa visita a unha das  Pesqueiras do Rio Miño e contarán  coa explicación dun   lampreeiro que lles demostrará e ensinará as ancestrales técnicas de pesca deste milenario peixe, realizase un tramo do  Sendeiro dos Pescadores e desde o Mirador da  Pesqueira dos Frades, poderán gozar da paisaxe única que só o Rio Miño pode ofrecer.

O  hastag para seguir o evento na internet será # SaboresdeArbo e participarán entre outros Galicia  Máxica, Sexeisa Galicia con Nenos, Galicia Mola, Camiñante do planeta, Trucos Viaxeiros, Alvientooo,  Petiscos  Galegos, Descobre cada día,  Monster’s,  Place ou Pedro, Trasende de Achega Comunicación. 

Segundo manifesta o alcalde do Concello de Arbo, esta iniciativa que pon en marcha o Concello de Arbo responde á importante estratexia de promoción e publicidade que a localidade está a levar a cabo na internet e redes sociais. Participarán no evento  influencers con máis de 100 k seguidores e supoñerá unha oportunidade única para  alcalzar uns niveis de transcendencia e alcance inigualables. O rexedor engade que esperamos que estas xornadas sexan do agrado de todos os participantes, expertos coñecedores da realidade turística actual,  que coñezan  as marabillas que atesouran a nosa identidade e o noso patrimonio, porque Arbo é capaz de espertar os teus cinco sentidos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies