Inicio Galicia O Ministerio de Educación e RTVE lanzan 'Aprendemos en casa'

O Ministerio de Educación e RTVE lanzan ‘Aprendemos en casa’

O Ministerio de Educación e RTVE lanzan 'Aprendemos en casa'

Para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais, o Ministerio de Educación e Formación Profesional ( MEFP) pon en marcha a partir deste luns 23 de marzo e en colaboración con Radio Televisión Española (RTVE), ‘Aprendemos en casa’.

É unha iniciativa dirixida a alumnos e alumnas de 6 a 16 anos que pretende facilitar a aprendizaxe durante a suspensión de actividade lectiva presencial motivada polo estado de alarma decretado polo Goberno para conter a propagación do coronavirus.Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e na 2 de TVE.

Esta iniciativa está dirixida especialmente aos estudantes de familias socialmente máis vulnerables e que por tanto carecen de recursos para seguir as actividades on- line que proporciona a maioría dos centros educativos e os seus docentes. Tamén a quen vive en territorios con maiores dificultades de conexión á rede e ao alumnado que polas condicións de confinamento ten problemas para compartir o ancho de banda.

Esta nova programación trata de ser unha axuda anímica para os menores e as súas familias co fin de que todos aprendan desta situación. Así, ademais de incluír contidos relacionados coas áreas de coñecemento, traballará competencias emocionais para mellorar a convivencia familiar e facer máis eficaz e ameno o proceso educativo. Cada bloque temático incluirá contidos que reforcen a actividade física, a lectura, os valores solidarios, a educación emocional ou que estimulen a curiosidade, entre outros obxectivos.

Grella de Programación de Clan TV e A 2 de TVE

O canle Clan TV de RTVE emitirá os luns espazos con contidos de Matemáticas, os martes de Ciencias Sociais, os mércores de Educación Artística e/ou Educación Física, os xoves de Lingua e idiomas e os venres de Ciencias Naturais. Estes programas estarán dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 8 anos na franxa horaria de 9:00 a 10:00 horas; a alumnado de 8 a 10 anos entre as 10:00 e as 11:00 horas e a estudantes de 10 a 12 anos na seguinte hora.

O Ministerio de Educación e RTVE lanzan 'Aprendemos en casa'

Así mesmo, na 2 de TVE, os estudantes de 12 a 14 anos poderán gozar destes contidos, adaptados á súa idade, e no mesmo orde de materias por día da semana que nos casos anteriores, entre as 12:00 e as 13:00 horas; e os de 14 a 16 anos.

Editoriais e portais educativos ofrecen gratuitamente os seus contidos

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, cuxos técnicos traballaron intensamente durante os últimos días, contou coa colaboración de 14 editoriais e nove portais educativos que ofreceron os seus contidos de maneira desinteresada. Estas empresas son EDEBÉ, EDELVIVES, McGraw- Hill, Planeta, Santillana, MacMillan, SM, ANAYA, BROMERA, BRUNO, Algaida, Oxford University Press, British Council, Editorial Casals, Pearson, LingoKids, Smile& Learn, Unicoos, Unprofesor.net, Happy Learning, Quantum, Derivando e O berce de Halicarnaso.

Para a elaboración destes programas, o MEFP formou varios equipos de traballo que revisan e filtran os materiais audiovisuais para asegurar a súa calidade pedagóxica. Pola súa banda, RTVE creou outro grupo de traballo que mantén unha estreita colaboración co Ministerio.

Outras iniciativas educativas para aprender desde casa

Ademais deste contido en aberto para televisión, o Ministerio de Educación e FP vai poñer ao dispor da comunidade educativa a partir do luns 23 unha web para acceder a diversos recursos e ferramentas para facilitar a aprendizaxe nunha contorna virtual.

O MEFP tamén ofreceu ás Comunidades Autónomas a aula Virtual de educación a distancia (apta para Primaria, Secundaria e Bacharelato), así como os materiais da Plataforma de Formación Profesional a Distancia para facilitar o seguimento online dos ciclos formativos cuxo desenvolvemento se ve afectado pola actual situación.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies