spot_img
InicioBaixo MiñoO Mercado de Tomiño irmándase co “Bom Sucesso” de Porto

O Mercado de Tomiño irmándase co “Bom Sucesso” de Porto

o-mercado-de-tomino-irmandase-co-bom-sucesso-de-portoO traballo audiovisual foi presentado hoxe pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o concelleiro de Promoción Económica Antonio Tartaglione. E emitirase ininterrompidamente durante toda a xornada

O Mercado Municipal de Tomiño vén de celebrar o seu irmandamento co de Bom Sucesso, de Porto (Portugal), cun vídeo promocional especialmente pensado para conmemorar tamén o Día Internacional dos Mercados, que tivo lugar o pasado día 27 de maio.

Trátase dun vídeo dun minuto de duración no que saen os propios praceiros e praceiras de ambos os dous mercados, dicindo cada un unha frase sobre os produtos de calidade e proximidade que ofrecen, o trato personalizado e a promoción do comercio local.

O traballo audiovisual foi presentado hoxe pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o concelleiro de Promoción Económica Antonio Tartaglione.

O vídeo emitirase ininterrompidamente durante toda a xornada.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.