spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Mercado de Arte de Sabarís reunirá obras de máis de 60...

O Mercado de Arte de Sabarís reunirá obras de máis de 60 artistas do 13 ao 17 de maio

O Mercado de Arte de Sabarís reunirá obras de máis de 60 artistas do 13 ao 17 de maioO Mercado de Arte de Sabarís regresa á axenda cultural na súa XIV edición cun total de 65 obras de máis de 60 autores en exposición e venda no Multiusos de Sabarís

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís ( Coemsa) e a Asociación de Empresarios do Val Miñor ( OValmi) promoven esta cita coa arte, na que se expoñerán as obras de 45 pintores e fotógrafos que ofertarán os seus traballos, xunto con 15 escultores.

Revista COUSAS DE Nº13

Do 13 ao 17 de maio, as persoas interesadas na exposición do Mercado de Arte poderán conecer as abras en horario de venres de 17 h a 20:30 h, de sábado a martes de 10 a 20:30 h.

Esta edición consistirá na mostra de 50 cadros e fotografías; 15 esculturas, una por cada artista participante. Cada obra disporá dunha ficha informativa do autor e a obra (a maioría deles presetes algún día da exposición para poder charlar cos asistentes).

Ao longo de cinco xornadas poderase ver na rúa, a praza e nos soportáis ós artistas pintando e esculpindo obras.

Cada día programaráse algunha actividade complementaria, ben no salón de actos, ben no exterior. Conferencias, proxeccións…

OBXECTIVO:

O obxectivo da organización é dar a coñecer os artistas locais e novos valores emerxentes para os que aínda é difícil mostrar a súa obra en galerías comerciais. Tamén exporán autores xa amplamente recoñecidos no panorama da pintura galega que coa súa presenza apoian estes novos valores da arte galega.

Outro obxectivo e achegar os nosos veciños e veciñas estas disciplinas artísticas non habituais e que cremos é fundamental para cultivar a sensibilidade polas artes e a beleza estética nos cidadáns.

PROGRAMACIÓN

Sala CHARLARTE con pases continuos de charlas breves sobre Arte

Sala CITA A CEGAS, arte interactivo con Irene Silva

10 postos de artistas na rúa traballando e vendendo as súas obras.

MURO ABERTO para que os visitantes (ilustradores, artistas…) deixen as súas tarxetas de contacto ilustradas coa intención coa intención de que poidan facerse publicidade.

Sábado 14 (Obradoiros para tódolos públicos, de 3 a 100 anos)

12 a 13 h, Obradoiro de PAPIROFLEXIA por Luis Jiménez González

17 a 19 h, Obradoiro O LAPIS ESCACHARRADO OU COMO DEBUXAR UN ANIMAL NUNCA ANTES VISTO por Mara Obispo Ríos e Luisa Martínez Lorenzo

Prazas limitadas: inscripción gratuita por email a coemsa2010@hotmail.com

Domingo 15

I Certame de pintura rápida o domingo 15 de maio

Durante toda a xornada poderemos ver como os participantes plasman nos seus lenzos todos os recunchos de Sabarís.

As 20:30, entrega de premios do Certame.

12:30 Conferencia ARTE E POLÍTICA NA OBRA PLÁSTICA DE XAIME QUESSADA, por Xesús Alonso Montero

Martes 17

URBAN SKETCHERS

Organiza: COEMSA, OVALMI

Coa colaboración de: CONCELLO DE BAIONA, ABANCA, IRENE SILVA, A FURGOLIBRO DA TIA NI, VIVEROS SABARÍS, AGUASANA

Para calquera información, inscripción, etc…poden ponerse en contacto no email: coemsa2010@hotmail.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.